1. Obxecto do contrato: actuación arqueolóxica no Castro de Alobre (2ª fase).
2. Prazo do contrato: un ano.
3. Prezo do contrato: 90.151,82 A.
4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional, para participar no concurso será de 1.803,04 A.
O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.
5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do último dos anuncios no BOP ou DOG.
Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XI.1.
As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XI do prego.
Vilagarcía de Arousa, 24 de xaneiro de 2003.
Joaquín J. Gago López
Alcalde