Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Martes, 04 de marzo de 2003 Páx. 2.690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de compensación da U.E. I-06 Rosalía de Castro 2 (expediente 4389/401).

Con data do 22 de agosto de 2002 o representante da xunta de compensación da U.E. I-06 Rosalía de Castro 2 presentou un escrito no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo solicitando a tramitación e aprobación do correspondente proxecto de

compensación. Achegou con el diversa documentación, composta de memoria e planos, así como dunha copia auténtica da escrita pública outorgada no 22 de xullo de 2002 polo notario de Vigo Antonio A. Salgueiro Armada, co número 1097 do seu protocolo. Nesta dáse constancia da asemblea xeral do mesmo día, na que acordou, pola maioría das cotas de urbanización, a aprobación do proxecto de compensación do citado polígono.

Mediante sendos oficios con datas respectivas do 9 de setembro e do 22 de novembro de 2002 os técnicos municipais requiriron a emenda ou rectificación de certos puntos do proxecto de compensación. No día 30 de xaneiro de 2003 o presidente da xunta de compensación presentou un novo escrito, achegando nova documentación e solicitando a aprobación dun texto refundido do proxecto de compensación, adaptado ó requirido polos servicios técnicos municipais. Achegou, xunto co proxecto unha copia autenticada da escritura pública outorgada polo notario de Vigo J.M. Rueda Pérez o 22 de xaneiro de 2003 (número 115 de protocolo) na que se acredita que na asemblea xeral celebrada nesa data aprobouse co voto unánime dos asistentes (81,9011 das cotas de participación) o texto refundido do proxecto de compensación que agora se pretende aprobar definitivamente.

Este proxecto de compensación debe tramitarse consonte co disposto nos artigos 133 e 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG), ós que remite a disposición transitoria novena da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG). En consecuencia, unha vez aprobado inicialmente o proxecto de compensación pola xunta homónima, procede abrir un trámite de exposición pública, polo prazo de vinte días hábiles, mediante publicación de anuncio no DOG e notificación individualizada ós propietarios afectados.

O expediente atópase á disposición do público en xeral no departamento de Información situado na planta baixa do edificio da Xerencia Municipal de Urbanismo para que se presenten cantas alegacións ou documentos se consideren por convenientes.

Vigo, 21 de febreiro de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo