Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Martes, 04 de marzo de 2003 Páx. 2.690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA VEIGA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Veiga.

2. Obxecto do contrato: recuperación de edificios singulares con carácter etnográfico e actividades profesionais.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 225.256,69 euros.

5. Garantías. Provisional: 4.505,13 euros. Definitiva: 9.010,27 euros.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello da Veiga. Domicilio: praza do Concello, 1, 32360 A Veiga. Teléfono: 988 35 00 00. Fax: 988 35 00 60.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais, contados a partir do primeiro día seguinte ó da publicación da convocatoria no BOP. Se o último día de prazo coincidise en festivo, o prazo ampliarase ata o seguinte día natural non festivo. Non se admitirán proposicións que cheguen por correo fóra do prazo sinalado para a presentación das proposicións.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas particulares que rexe as contratacións e conforme o modelo que no devandito prego se establece.

c) Lugar de presentación: secretaría.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello da Veiga.

b) Data: ás doce horas do segundo día hábil seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación das proposicións. Non se considerarán hábiles para estes efectos os sábados.

A Veiga, 21 de febreiro de 2003.

Vicente García Carrasco

Alcalde