Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Martes, 04 de marzo de 2003 Páx. 2.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

EDICTO.

O Concello de Tomiño anuncia a 2ª poxa pública das seguintes parcelas:

A) Parcela denominada Raposeira de 340 m aprox., sita en Solleiro-Forcadela.

B) Parcela denominada Raposeira de 341 m aprox., sita en Solleiro-Forcadela.

C) Parcela denominada Raposeira de 790 m aprox., sita en Solleiro-Forcadela.

As condicións que rexerán na venda destas parcelas son as mesmas aprobadas no seu día por este concello (BOP nº 207, do 28-10-2002) excepto o prezo que diminúe un 15% (BOP nº 19, do 29-1-2003).

O prazo de presentación de proposicións é de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG.

Tomiño, 29 de xaneiro de 2003.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde