Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Martes, 04 de marzo de 2003 Páx. 2.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTISO

ANUNCIO.

Redactado o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Santiso (A Coruña), de conformidade co disposto no artigo 84.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, exponse ó público durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que consideren oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que xulguen procedentes.

Santiso, 27 de xaneiro de 2003.

Ramón Villar Edreira

Alcalde-presidente