Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Martes, 04 de marzo de 2003 Páx. 2.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2003, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, de concurso de servicio, polo procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social -Inludes-.

2. Obxecto: servicio de traballos de imprenta para o Centro de Artesanía e Deseño do Inludes, durante o ano 2003.

3. Orzamento: corenta e dous mil euros (42.000 euros).

4. Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata 31-12-2003.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.

6. Información: Oficina de Apoio.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Rexistro Xeral do Inludes, de 10 a 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 43, do 21 de febreiro de 2003.

Lugo, 21 de febreiro de 2003.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo