Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Martes, 04 de marzo de 2003 Páx. 2.687

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Nigrán. Expediente: 2002105C.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: rehabilitación da antiga estación de tranvías de Panxón (2ª fase).

Prazo de execución (meses): catro (4).

3. Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 83.938,54 euros.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento base do contrato.

6. Obtención de documentación e información: no Concello de Nigrán; praza da Constitución, 1, 36350 Nigrán (Pontevedra). Tlfno.: 986 36 50 00; fax: 986 38 39 31, ata o remate do prazo de presentación de propostas.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se require.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.

c) Lugar de presentación no rexistro do Concello de Nigrán, ou mediante outros sistemas admitidos pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses.

e) Admisión de variantes (concurso): de acordo co prego de condicións.

9. Apertura das proposicións económicas: na Casa do Concello de Nigrán, ás trece (13) horas do cuarto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Nigrán, 27 de xaneiro de 2003.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde