Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Martes, 04 de marzo de 2003 Páx. 2.687

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FORCAREI

ANUNCIO.

Contratación por concurso aberto, para a adxudicación de 1 parcela situada no polígono industrial municipal de Vilapouca-Forcarei.

Obxecto: adxudicación da parcela nº 5, de 2.225 m, no polígono industrial municipal de Vilapouca-Forcarei.

Orzamento: establécese como prezo inicial o seguinte: 6,61 euros/m, máis IVE.

Garantías:

Definitiva: o equivalente ó 4% do prezo de adxudicación.

Información: Concello de Forcarei (Secretaría).

Proposicións: poderanse presentar no Concello de Forcarei ata as 14 horas, dentro do prazo de 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP de Pontevedra.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Forcarei, 29 de xaneiro de 2003.

David Raposeiras Correa

Alcalde