O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 5 de decembro de 2002, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle da UE nº 6, en Cabreira-Maianca.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 20/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte a aquel no que reciba a notificación deste acordo. Previa e potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes contado desde o día seguinte a aquel no que reciba a devandita notificación.
Tamén poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2 do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.
Oleiros, 17 de xaneiro de 2003.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta