Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Martes, 04 de marzo de 2003 Páx. 2.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión extraordinaria do 27 de xaneiro de 2003, aprobou o expediente de contratación da consultoría e asistencia técnica consistente na redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal convocando concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, segundo o seguinte cadro de características:

Cadro de características:

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Caldas de Reis.

2. Obxecto do contrato.

Redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

3. Prazo de execución.

Vintecatro (24) meses.

4. Tramitación.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Tramitación: ordinaria.

5. Tipo de licitación.

Cento oitenta mil trescentos tres euros (180.303 euros).

6. Garantías.

Provisional: 2% do tipo de licitación/tres mil seiscentos seis euros con seis céntimos de euro (3.606,06 euros).

Definitiva: 4% do tipo de adxudicación que resulte da licitación.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: durante o prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia (a última publicación).

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Lugar de presentación.

Rexistro xeral do Concello de Caldas de Reis.

R/ Ferrería, nº 1, 36650, Caldas de Reis. Telf.: 986 54 00 02/fax: 986 53 03 93, de luns a venres, das 9 ás 14 horas; sábados das 10 ás 12 horas.

9. Apertura de ofertas.

Ás trece (13) horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Cando existan circunstancias que así o aconsellen, o prazo para a apertura de proposicións poderá ampliarse ata o décimo día hábil seguinte (non sábado) ó do remate do prazo para a presentación de ofertas que, en todo caso, será anunciado no BOP e no Diario Oficial de Galicia, especificando a data da realización e os motivos da ampliación do prazo.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Prego e lugar de recollida de documentación.

É de aplicación o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas que deberán rexe-la contratación de asistencia técnica de referencia mediante concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, aprobado pola Comisión de Goberno en sesión extraordinaria do 27 de xaneiro de 2003.

As copias dos pregos reguladores da contratación e das prescricións técnicas estarán á disposición dos intersados no procedemento no rexistro xeral do concello.

Caldas de Reis, 27 de xaneiro de 2003.

José Mª Tobío Barreira

Alcalde-presidente