Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Martes, 04 de marzo de 2003 Páx. 2.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de poxa de obras.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación por poxa da obra que a seguir se relaciona, incluída no Plan provincial

de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal e rede viaria local 2003:

-Colectores para a recollida de augas residuais na parroquia de Sigrás: orzamento: 334.777,12 euros, IVE incluído.

O anuncio de licitación publicouse no BOP nº 43, do 21 de febreiro deste ano.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos e mailos proxectos no Departamento de Contratación, no primeiro andar da casa do concello.

O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de vinteseis días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 21 de febreiro de 2003.

P.D. (Resolución 23-7-1999)

Augusto Rey Moreno

Primeiro tenente de alcalde