Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Martes, 04 de marzo de 2003 Páx. 2.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

ANUNCIO de licitación.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas para a contratación da subministración dun tractor, unha desmalezadora e unha pa para os servicios municipais do Concello de Becerreá financiados mediante arrendamento financeiro (leasing), expóñense ó público polo prazo de oito días hábiles para os efectos previstos polo artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

De conformidade co establecido no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente co prego de condicións, a licitación, se ben esta aprazarase no suposto de producirse reclamacións contra os pregos, ata a súa resolución.

1. Poderán presentar proposicións entidades financeiras en xeral ou especializadas exclusivamente en arrendamento financeiro ou contratos similares.

2. Entidade adxudicadora: Concello de Becerreá.

3. Obxecto do contrato.

a) Subministración dun tractor, unha desmalezadora e unha pa para os servicios municipais.

b) División por lotes e número: 3.

c) Lugar de execución: Becerreá.

d) Prazo de execución: 48 meses.

4. a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Orzamento base de licitación: 73.690 A.

6. Garantía provisional e definitiva: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información.

Concello de Becerreá. Avda. Madrid, nº 2, 27640 Becerreá (Lugo). Teléfono: 982 36 00 04.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula B) do prego.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: sétimo día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no DOG, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que hai que presentar:

As proposicións presentaranse en dous sobres cerrados.

Sobre A, subtitulado documentación acreditativa da personalidade.

Conterá a documentación sinalada na cláusula 9 E) do prego.

Sobre B, subtitulado oferta económica. Responderá o seguinte modelo:

O abaixo asinante D.... maior de idade, con DNI... e domicilio para efectos de notificacións en..., en nome propio (ou en representación de..., con NIF...), tendo coñecemento da convocatoria do concurso anunciado no BOP e no Diario Oficial de Galicia números... e..., nas datas de... e... respectivamente, solicita tomar parte nesta licitación para a subministración dun tractor, unha desmalezadora e unha pa para os servicios municipais do Concello de Becerreá financiadas mediante arrendamento financeiro (leasing).

E fai constar:

1. Que cumpre todas e cada unha das condicións esixidas no prego de cláusulas para a adxudicación do contrato, especialmente as obrigacións sociais, laborais e fiscais a que se refire a cláusula 23 do dito prego.

2. Que acepta plenamente tódalas cláusulas do prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen este contrato e tódalas demais obrigacións que se deriven do mesmo, se resultase adxudicatario do contrato.

3. Que se compromete á realización da subministración sinalada no prezo de... euros (letra e cifras), IVE incluído, de acordo co seguinte cadro-detalle dos custos de financiación do tractor e demais material e cadro xeral de financiamento polo montante total do custo dos bens adquiridos:...

Neste sobre achegarase a documentación xustificativa para valora-los criterios que servirán de base para a adxudicación de acordo coa cláusula 10 do prego.

a) Lugar de presentación: Concello de Becerreá. Avda. Madrid, nº 2.

b) O prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

10. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Becerreá, as doce horas do primeiro mércores hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

11. Gastos de anuncios: serán con cargo ó adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Becerreá, 24 de febreiro de 2003.

Antonio Fernández Pombo

Alcalde-presidente