Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Luns, 03 de marzo de 2003 Páx. 2.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFERO

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: a contratación urxente por este concello das obras que se relacionan incluídas no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servicios de Competencia Municipal e Rede Viaria Local 2003.

Denominación das obras: form. beirarrúas Portocobo-A Irixoa, parroquia de Queixeiro.

Tipo de licitación: 83.994,49.

Prazo de execución: catro meses.

Denominación das obras: form. beirarrúas en Rebordelo-1ª fase, parroquia de San Fiz.

Tipo de licitación: 71.834,35.

Prazo de execución: catro meses.

Garantía provisional: dispensada.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Proposicións: presentaranse no Rexistro de Entrada do Concello, no horario das 9 ás 13 horas, durante o prazo de trece días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, na forma e coa documentación que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares e consonte o modelo de proposición anexo a el.

Apertura de proposicións: na casa do concello, ás 14 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, agás sábado.

Anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Información: no Concello de Monfero, tfno. 981 79 38 85.

Monfero, 18 de febreiro de 2003.

Andrés Feal Varela

Alcalde