Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Luns, 03 de marzo de 2003 Páx. 2.619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO.

Polo presente anuncio publícase o acordo adoptado polo quórum de maioría absoluta polo Pleno da Corporación Municipal de Marín celebrado o 14-2-2003, relativo ó expediente de modificación puntual núm. 3 das normas subsidiarias municipais de Marín, que ten o seguinte teor literal:

«Aprobar definitivamente o expediente de modificación puntual núm. 3 das normas subsidiarias municipais de Marín consistente na adición dun novo punto, o número 6, ó artigo 7 da citada normativa, tendo por obxecto regula-las condicións de uso e de edificación no ámbito da mazá de solo urbano que figura como «zona que deberá ordenarse a nivel urbanístico conveniente» e que será destinada a dotacións e equipamentos. O texto do punto número 6 do artigo 7 é o seguinte:

No cuarteirón do solo urbano de resto de núcleo que figura como «zona que deberá ordenarse a nivel urbanístico conveniente» permitirase a implantación de usos dotacionais e de equipamento cos seguintes parámetros constructivos:

-Ocupación de parcela: sen limitación baixo rasante interior do terreo e cun máximo do 25% sobre rasante.

-Altura máxima: as construccións sobre rasante non superarán a altura de 12 m.

-Aliñacións: non se fixan recuamentos a lindeiros ou a aliñacións de rúa, limitándose tan só a recuarse as construccións sobre rasante un mínimo de 15 m do Templo Novo».

O devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso contencioso-administrativo diante da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste acordo.

Marín, 17 de febreiro de 2003.

Fco. Antonio Santiago Fernández

Alcalde-presidente