Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Luns, 03 de marzo de 2003 Páx. 2.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA

PRÓRROGA de información pública.

Por acordo adoptado polo Pleno deste concello o prazo de información pública do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Navia de Suarna, para presentación por parte de entidades e particulares das suxestións, propostas e convenios urbanísticos que estimen oportunos (art. 84.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia), que foi publicado no DOG nº 13 do martes, 21 de xaneiro e diario El Progreso do xoves, 2 de xaneiro de 2003, queda prorrogado ata o día 29 de marzo de 2003 (incluído).

Navia de Suarna, 24 de febreiro de 2003.

O alcalde

Rubricado