Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Luns, 03 de marzo de 2003 Páx. 2.586

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2003 pola que se fai pública a concesión de tres bolsas de formación na área de estatística pública, convocadas por Resolución do 20 de novembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 234, do 4 de decembro).

Para dar cumprimento ó establecido na base décima da Resolución do 20 de novembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 234, do 4 de decembro) e de conformidade co artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta dirección

RESOLVE:

Facer pública a concesión de tres bolsas de formación nos termos que seguen:

Pola licenciatura de matemáticas: Sande Nieto, Paula.

Pola licenciatura de administración e dirección de empresas: Salgado Fernández, Carlos e Lago Ventoso Cristina.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2003.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA