Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Luns, 03 de marzo de 2003 Páx. 2.586

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de febreiro de 2003 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de arquitectos técnicos.

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o ingreso na escala de arqui-

tectos técnicos, levada a efecto pola Orde do 8 de outubro de 2001 (DOG nº 199, do 15 de outubro), e remitida pola Dirección Xeral da Función Pública a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, elevada polo correspondente tribunal, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na escala de arquitectos técnicos do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), que se publica como anexo a esta orde.

Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os documentos a que se refiren as bases V.1, V.2 e V.3 da orde da convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleriro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo os artigos 8.2º e 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na escala de arquitectos técnicos do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B)

Promoción interna

DNIPRIMEIRO APELIDOSEGUNDO APELIDONOMEEx. 1ªEx. 2ºEx. 3ºEx. 4ºCONCURSONOTA FINAL

34940823-MDIAZEBRAMANUEL1011,7EXENTO--6,9228,62

Acceso libre

DNIPRIMEIRO APELIDOSEGUNDO APELIDONOMEEx. 1ªEx. 2ºEx. 3ºEx. 4ºCONCURSONOTA FINAL

32756113LLOPEZNUÑEZMARIA CONSUELO13,0916,8EXENTA9,417,556,79

35299667ARODRIGUEZRUIBALJOSE MANUEL11,4514,6EXENTO6,615,848,45

07528730WOTEROTOVARLUISA SONIA11,2713,2EXENTA5,217,547,17

35290438CROLDANGONZALEZMARIA DE LA LUZ10,36 15EXENTA5,112,1942,65

32655712JGUERRASALORIOINES15,2716,2EXENTA6,2 3,841,47

76410327ALABRAÑABARREROCARLOS IGNACIO16,3612,4EXENTO6,8 5,240,76

32796484WVAZQUEZ PEREZVICTOR MANUEL13,6313,7EXENTO6,5 5,239,03

10073116JGARCIAGARCIAROBERTO (*)13,2717,5APTO6,8 037,57

34980407YPEREIRALOUREIROJOSE SANTIAGO13,2712,4EXENTO5,9 5,236,77

DNIPRIMEIRO APELIDOSEGUNDO APELIDONOMEEx. 1ªEx. 2ºEx. 3ºEx. 4ºCONCURSONOTA FINAL

34963744HPANIAGUAMATEOSMARIA JOSE11,8111,8EXENTA5,9 7,236,71

33994067KBARCIAMONCEFERINO12,3617,4EXENTO6,9 036,66

76412397ASANTABALLAALVAREZROBERTO12,1816,1EXENTO7,7 035,98