Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Luns, 03 de marzo de 2003 Páx. 2.585

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2003 pola que se fai pública a convocatoria de convenios de distribución de espectáculos de danza, con compañías galegas profesionais de danza.

A presente convocatoria ten por obxecto a realización entre o IGAEM e as compañías ou empresas profesionais de danza, que acrediten a súa profesionalidade, de convenios de distribución de espectáculos de danza.

Orzamento: 72.121 A con cargo á aplicación orzamentaria 10.60.354A.640.1 do vixente orzamento de gasto do IGAEM. O importe máximo que o IGAEM pode asumir por compañía será de 30.050 A, tendo en conta que o IGAEM asumirá como máximo o 70% do caché por función.

O prazo de execución: ata o 15 de decembro de 2003, debendo estar debidamente xustificados antes do 18 de decembro de 2003.

As bases da convocatoria, así como o modelo de proposición, poderán ser retiradas na sede do rexistro do IGAEM (Pavillón de Galicia, San Lázaro, s/n 15703 de Santiago de Compostela).

A presentación dos proxectos efectuarase no rexistro Xeral do IGAEM ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, xuntando a documentación indicada nas bases da presente convocatoria nun prazo de 15 días naturais contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2003.

Aníbal Otero Fernández

Xerente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais