Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAMARTÍN DE VALDEORRAS

ANUNCIO.

No BOP de Ourense nº 40, do 18 de febreiro de 2003, publícanse as bases íntegras para optar ás prazas que a continuación se indican:

Persoal laboral fixo: sistema selectivo: concurso.

Denominación do posto: operario de servicios múltiples. Nivel de titulación: certificado de escolaridade ou certificado de estudios primarios ou equivalente. Número de vacantes: unha.

Denominación do posto: encargado de pavillón polideportivo, pista de tenis, piscinas, campo de fútbol e área recreativa. Nivel de titulación: certificado de escolaridade ou certificado de estudios primarios ou equivalente. Número de vacantes: unha.

Denominación do posto: limpadora de dependencias municipais. Nivel de titulación: certificado de escolaridade ou certificado de estudios primarios ou equivalente. Número de vacantes: unha (xornada parcial).

Denominación do posto: chofer de camión de recollida de lixo. Nivel de titulación: certificado de escolaridade ou certificado de estudios primarios ou equivalente. Número de vacantes: unha.

Persoal funcionario de carreira: sistema selectivo: concurso-oposición libre.

Denominación do posto: técnico de xestión da Administración xeral. Nivel de titulación: diplomado en dereito, ciencias económicas e empresariais, ciencias políticas e da administración, ou título de diplomado equivalente. Número de vacantes: unha.

O prazo de presentación de instancias é de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do mencionado anuncio no BOE. Os anuncios sucesivos pertencentes a esta convocatoria publicaranse no BOP de Ourense e no taboleiro de edictos do concello.

Vilamartín de Valdeorras, 18 de febreiro de 2003.

Manuel Candal Candal

Alcalde