Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2003 pola que se anuncia concurso para a contratación de diversas obras en Valga.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, das obras:

1. Instalacións de rega e cerramento do campo de fútbol de Campaña (Valga), por importe de 84.123,91 A.

2. Ampliación e reforma do pavillón polideportivo de Beiro (Valga), por importe de 130.908,84 A.

Clasificación empresarial: grupo C, subgrupo 2, categoría b, para a obra nº 2.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 10 horas do segundo día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Tfno. 986 80 41 01.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2003.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado