Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudio de detalle da unidade de actuación número 27 (UA-27) do Plan Especial de Reforma Interior número 7 (PERI-7) da Ponte Pedriña.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 31 de outubro de 2002, aprobou definitivamente o estudio de detalle da unidade de actuación número 27 (UA-27) do Plan Especial de Reforma Interior número 7 (PERI-7) da Ponte Pedriña, promovido por UNEDA 2000, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse no BOP número 14, o día 18 de xaneiro de 2003, o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado estudio de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde