Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBAS DE SIL

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do 19 de febreiro de 2003, aprobáronse os pregos de condicións particulares para a contratación da obra incluída no PCOS/2003.

Obra: renovación de servicios na rúa Fonte da Prata en San Clodio.

Orzamento: 74.200.

Prazo de execución: 3 meses.

As obras adxudicaranse por concurso, procedemento aberto e tramitación urxente.

Os pregos de condicións exporanse ó público polo prazo de 4 días para efectos de exame e presentación de reclamacións.

Coa excepción do disposto no artigo 122.2º do Real decreto 781/1986, do 18 de abril, anúnciase a licitación da devandita obra para que os interesados presentaren as súas propostas no prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio no DOG e no BOP.

No BOP publicarase extracto da convocatoria de licitación.

Ribas de Sil, 20 de febreiro de 2003.

Miguel Ángel Sotuela

Alcalde