Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO de información pública.

Por decreto da Alcaldía, do 19 de febreiro de 2003, aprobouse inicialmente o estudio de detalle para envolvente de conxunto de edificios na rúa do Porto, parroquia de Corrubedo, deste termo municipal, presentado por Antón Carreño Costas.

O que se somete a información pública por un período de vinte días, mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia, en cumprimento do artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, co obxecto de que durante o referido prazo cantas persoas se consideren interesadas poidan examina-lo correspondente expediente nas mañás dos días hábiles, das 9.30 ás 13.30 horas, no prazo indicado, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas da Secretaría do Concello de Ribeira; praza do Concello s/n, co fin de que se poidan formula-las reclamacións e alegacións que se consideren procedentes.

Ribeira, 19 de febreiro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Alcalde