Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

APROBACIÓN inicial da modificación da delimitación da unidade de actuación número 4 do PXOU/avenida Juan Bautista Andrade.

A Comisión de Goberno, en sesión do 27-1-2003 aprobou, con carácter inicial, a proposta -instada a iniciativa particular pola entidade mercantil Soinga Hogar Futura, S.L.- de modificación da delimitación da unidade de actuación número 4 do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana, e sita entre as rúas avda. da Coruña, Juan Manuel Pintos, Fernández Cochón e vial de nova apertura, coa finalidade de excluír do seu ámbito 31,63 m de parcela sita no nº 48 da avda. da Coruña, e posibilita-la edificación asistemática desta, ó invadi-la delimitación da unidade o fondo edificatorio establecido no PXOU para o rueiro 31, fundamentándose esta modificación nun proxecto técnico subscrito polo arquitecto Manuel Abilleira Argibay, visado pola Delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) de data 9-4-2002 e planos nº 2 e 3 da mesma autoría con data de visado colexial 26-6-2002, que anulan e substitúen os seus correlativos do presente, dispoñéndose o seu sometemento a

información pública.

Durante o prazo de vinte días, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico do concello (rúa Churruchaos, número 2) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2003.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente