Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 4-12-2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes nos predios 1.2, 1.3, 1.4 e 1.5 da unidade de actuación centro sur número 13 (avenida Madrid, ronda de Fingoi) do PXOU vixente, que modifica o aprobado definitivamente polo Concello Pleno con data do 26 de xuño de 1998, promovido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, representada por Mª José Castro Rebolo.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes,

durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, nº 197) e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 11 de decembro de 2002.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto Alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de área