Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LARACHA

CONTRATACIÓN da obra: colocación de beirarrúas e alargamento da estrada de Estramil.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello da Laracha.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 1.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: colocación de beirarrúas e alargamento da estrada de Estramil.

b) Lugar de execución: Estramil-Torás-A Laracha.

c) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 239.143,57 euros.

5. Garantía provisional: 2% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello da Laracha.

b) Domicilio: praza do Xeneralísimo, s/n.

c) Localidade e código postal: A Laracha, 15145.

d) Teléfono: 981 60 50 01.

e) Telefax: 981 60 63 31.

7. Requisitos do contratista: grupo G, subgrupo 4, categoría de contrato C.

8. Prego tipo de cláusulas administrativas particulares que rexerá a licitación.

O aprobado pola deputación provincial o 15 de xuño de 2002 e publicado no BOP nº 205, do 6 de setembro de 2002.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro dos quince días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG.

b) Documentación que hai que presentar (véxase cláusula 12 do prego de cláusulas). As empresas que figuran no Rexistro de Contratistas da Deputación Provincial da Coruña quedarán exentas de presenta-los documentos referenciados nas letras: a, b, c, d, e, f, g e h, sempre que os documentos citados estean vixentes. Para estes efectos xuntarase copia simple do informe do Rexistro de Inscrición ou indicación do número co que se encontra inscrita a dita empresa no rexistro.

10. Apertura de proposicións.

O cuarto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións, excepto que o sinalado fose sábado ou festivo; neste caso aprazarase ó primeiro día hábil seguinte.

A Laracha, 18 de febreiro de 2003.

José Manuel López Varela

Alcalde