Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria que tivo lugar o día 3-2-2003, acordou aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual do PEPRI, que afecta exclusivamente ó inmoble número 20-22 da rúa Doutor Castro (unidade edificatoria 120623), promovido por Cormen Inversiones, S.L.

Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia co artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 14 de febreiro de 2003.

P.D. (Decreto Alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de Área