Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 13 de xaneiro de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Gorita, O Corgo, Pelitrán, A Solleira, a favor dos veciños de Penalonga, no concello dos Blancos (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada con data do 23 de abril de 2002, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común a favor dos veciños de Penalonga, do monte denominado Gorita, O Corgo, Pelitrán, A Solleira, no concello dos Blancos, e coas características que de seguido se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Belén Bris Marino e Míriam Areal López.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Os Blancos (Ourense).

Denominación do monte: Gorita, O Corgo, Pelitrán, A Solleira.

Comunidade propietaria: Penalonga.

Superficie: 157 h 49 a 47 c en conxunto, aproximadamente.

-Monte denominado: Gorita.

Superficie: 101 h 22 a 03 c, aproximadamente.

Estremas:

Norte: de oeste a leste: predios particulares de Felicidad Pena Carrasco (P 628 e Pº 44), Delfín Méndez Díaz (P 527 e Pº 44), outras propiedades particulares..., José González Pérez (P 626 e Pº 44), cruza un camiño, Rudesindo Trigo Pérez (P 20 e Pº 45), outras propiedades particulares..., Benjamín Cuquejo Penín (P 46 e Pº 45), Pura Mandianes Campos (P 39 e Pº 45), cruza un camiño, Antonio Méndez Díaz (P 47 e Pº 45), outras propiedades particulares..., e remata no predio de Herminio Cuquejo Feijoó (P 83 e Pº 45).

Sur: de oeste a leste: liña municipal do termo de Baltar, segundo o deslinde do IGN, limitando co monte Gralleiras da CMVMC da Boullosa e Montecelo e co monte Serra de Gomariz da CMVMC de Gomariz, concello de Baltar, predios particulares de María Argentina Araújo Salgado (P 111 e Pº 45), e Rudesindo Trigo Pérez (P 112 e Pº 45), liña municipal do termo de Baltar, segundo o deslinde do IGN, limitando co monte Serra de Gomariz da CMVMC de Gomariz, concello de Baltar.

Leste: de norte a sur: predio particular de Manuel Vidal (P 105 e Pº 45).

Oeste: de norte a sur: camiño a Fonte da Cicha, predios particulares de Rudesindo Trigo Pérez (P 633 e Pº 44), Manuel Cuquejo Feijoó (P 632 e Pº 44), outras propiedades particulares..., Juan Antonio Rodríguez Díaz (P 391 e Pº 44), outros predios particulares..., Juan Antonio Rodríguez Díaz (P 385 e Pº 44), Dolores Trigo Trigo (P 245 e Pº 44), Rudesindo Trigo Pérez (P 246 Pº 44), Delfina Díaz Sotelo (Pº 160 e Pº 44), Servando Sotelo Cuquejo (P 161 e Pº 44), Montes dos veciños de Covas (P 644 e Pº 44).

-Monte denominado: O Corgo.

Superficie: 3,5764 h, aproximadamente.

Estremas:

Norte: de oeste a leste: camiño e camiño.

Sur: de oeste a leste: predios particulares de Salema Cuquejo Penín (P 21 e Pº 45), Santiago Cuquejo Pena (P 22 e Pº 45), outros propiedades particulares..., e Josefa Cota Rodríguez (P 40 e Pº 45).

Leste: de norte a sur: camiño.

Oeste: de norte a sur: camiño.

-Monte denomiando: Peligrán.

Superficie: 8,7978 h, aproximadamente.

Estremas:

Norte: de oeste a leste: camiño.

Sur: de oeste a leste: camiño.

Leste: de norte a sur: predios particulares de Pura Mandianes Campo (P 91 e Pº 53), outros predios particulares..., Santiago Cuquejo Pena (P 21 e Pº 53) e Pura Mandianes Campo (P 19 e Pº 53).

Oeste: de norte a sur: predios particulares de Pura Mandianes Campo (P 11 e Pº 53), Rosa Mandianes Campo (P 15 e Pº 53), outros predios particulares... e Alfredo Carballo Salgado (P 5 e Pº 53).

-Monte denominado: A Solleira.

Superficie: 33,9002 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: de oeste a leste: camiño de Penalonga á Rabea, predio particular de Juan Manuel Pena (P 162 e Pº 53) e camiño.

Sur: de oeste a leste: monte Serra de Gomariz da CMVMC de Gomariz.

Leste: de norte a sur: monte dos veciños da Rabea e Pexeirós.

Oeste: de norte a sur: predios particulares de Benjamín Cuquejo Penín (P 110 e Pº 53), Alfredo Carballo Salgado (P 109 e Pº 53), outros predios particulares..., Gerardo Trigo Pérez (P 51 e Pº 53), Josefa Díaz Pena (P 47 e Pº 53), outros predios particulares..., Alfredo Salgado Carballo (P 40 e Pº 53) e Anuncia Salgado Díaz (P 39 e Pº 53) e Camiño de Baltar a Penalonga.

(En tódolos montes a identificación P é de parcela e Pº é de polígono e é a referencia catastral indicada polos veciños).

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 13 de xaneiro de 2003.

Míriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Vº e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense