Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 15 de xaneiro de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Tornadoiro, Ladeira e Chaira, a favor dos veciños de Aguís, no concello dos Blancos (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada con data do 23 de abril de 2002, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común a favor dos veciños de Aguís, do monte denominado Tornadoiro, Ladeira e Chaira, no concello dos Blancos (Ourense), e coas características que de seguido se relacionan, noméandose instructores do expediente a Belén Bris Marino e Míriam Areal López.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Os Blancos (Ourense).

Denominación do monte: Tornadoiro, Ladeira e Chaira.

Comunidade propietaria: veciños de Aguís.

Superficie: 40 ha, en conxunto, aproximadamente.

Os límites coas propiedades particulares atópanse delimitados mediante muros de pedra e valados na terra.

-Monte Tornadoiro.

Superficie: 25 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: propiedades particulares pertencentes ó polígono nº 47: parcela nº 88 de Epifanio Colmenero Forneiro, nº 481 de Julio Barrio Suárez, nº 367 de Alfredo Campos Barreiro, e outras propiedades particulares.

Sur: propiedades particulares pertencentes ó polígono nº 47: parcela nº 170 de José Castro Pérez, nº 265 de Rosa Araújo Ferreiro, nº 273 de Concepción Gil Lamas, e outras propiedades particulares; monte comunal denominado Asperón dos veciños de Pexeiros. O linde con este monte márcao a liña imaxinaria do polígono nº 46 que une as leiras nº 580 de Enriqueta Gómez Forneiro, Enrique Gómez Arrojo e Cándida González Gómez e nº 693 de Antonio López Gómez.

Leste: propiedades particulares pertencentes ó polígono nº 47: parcela nº 143 de Teresa González Forneiro; propiedades particulares do polígono nº 46: parcela nº 563 de Engracia Gómez López, nº 566 de Sergio Pérez Villamarín, nº 693 de Antonio López Gómez, e outras propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares pertencentes ó polígono nº 47: parcelas nº 3671 de Manuel Álvarez González, nº 525 de Eudosia Castro Salinas, nº 289 de Juan Antonio Gil Lamas e outras propiedades particulares; e o antigo camiño que enlazaba as localidades de Toxende e Aguís.

-Monte Ladeira.

Superficie: 5 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: propiedades particulares pertencentes ó polígono nº 47: parcelas nº 274 de Manuel Trigo Barbas, nº 263 de Luis Araújo Ferreiro, nº 173 de Ramón López Nocelo e outras propiedades particulares.

Sur: propiedades particulares pertencentes ó polígono nº 47: parcelas nº 250 de Luisa Jardón Lamas, nº 256 e nº 696 de Celso Pérez Álvarez.

Leste: propiedades particulares pertencentes ó polígono nº 47: parcelas nº 169 e 172 de José López Nocelo, nº 173 de Ramón López Nocelo, nº 261 de Ricarda Campos Trigo e outras propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares pertencentes ó polígono nº 41: parcelas nº 435 de Serafín Lama López, nº 437 de Julio Campos Trigo; e o antigo camiño que enlazaba as localidades de Toxende e Aguís.

-Monte Chaira.

Superficie: 10 ha, aproximadamente.

Lindes:

Norte: camiño de Toxende a Fonte Arcada pola zona denominada Augela.

Sur: propiedades partticulares pertencentes ó polígono nº 41: parcelas nº 70 de Beatriz García Valencia, nº 289 de Antonio Pena Villarino, nº 498 de Samuel Trigo Opazo e outras propiedades particulares.

Leste: propiedades particulares pertencentes ó polígono nº 41: parcelas nº 434 de Delfín Rodríguez Méndez, nº 435 de Serafín Lama López, nº 436 de Julia, María e Simplicio Trigo Rodríguez.

Oeste: propiedades particulares pertencentes ó polígono nº 41: parcelas nº 62 de Hortensia Sotelo Lama, nº 63 de Josefa Opazo Olmos, nº 70 de Beatriz García Valencia e outras propiedades particulares.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 15 de xaneiro de 2003.

Míriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense