Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola

que se notifica a proposta de resolución do

expediente sancionador PO-AD-2002/14 (Animais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución dictada pola instructora no expediente que por infracción á Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, se está a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, nº 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 6 de febreiro de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincia de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-AD-2002/14.

Denunciado: Javier Domínguez Edreira.

Enderezo: r/ Vista Alegre, nº 23-1º A, de Vigo (Pontevedra).

DNI: 36098432-R.

Feitos denunciados: darlle unha brutal malleira a un cachorro de raza boxer, de cor atigrado, dándolle patadas e puñadas por todo o corpo e golpeándoo coa correa, o que era presenciado por nenos de curta idade. Ó non deixar de maltratalo e como queira que puidera estar infrinxindo a Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, procedeuse á súa identificación.

Data do acordo da incoación: 26-8-2002.

Precepto infrinxido: artigo 21.1º.a) da Lei 10/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Precepto sancionador: artigo 21 da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción: 300,51 euros.