Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador PO-A-2002/25.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por infracción á Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Rosa María Siota Diéguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das

administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalo en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 4 de febreiro de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-A-2002/25.

Denunciado: Javier Segura González.

Enderezo: r/ Miguel de Unamuno, nº 20 de Lináos-Jaén.

DNI: 26239901-Y.

Feitos denunciados: ser propietario dun circo e non levar libro de rexistro dos animais. Feitos denunciados o día 8 de xullo do 2002, xunto á casa da cultura, municipio da Cañiza.

Data do acordo da incoación: 30-10-2002.

Precepto infrinxido: infracción grave do artigo 21.f) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, en relación co artigo 42 do Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril.

Precepto sancionador: artigo 24 da Lei 1/1993, do 13 de decembro, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción: 300,51 euros.