Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da proposta de resolución do expediente sancionador P-C-02/30 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de

novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución por infracción da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

O denunciado poderá presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, ás alegacións que considere convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo, no Servicio Técnico Xurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª planta (Pontevedra), conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 4 de novembro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-C-02/30.

Denunciado: José Ignacio Carrera Alban.

Último enderezo coñecido: Pontenova, 11-Atios, O Porriño.

DNI: 76907325.

Feito denunciado: adestramento de 4 cans para a caza en época de veda.

Data do acordo de incoación: 24-7-2002.

Alegacións á incoación: non presenta.

Data da proposta de resolución: 22-10-2002.

Precepto infrinxido: artigo 57.13º da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, en relación co artigo 10 da Orde do 20 de agosto de 2002, pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a temporada 2001-2002.

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 60,10 euros.