Visto o expediente instruído para efectos de outorgamento do permiso de actividade para a explotación dunha estación depuradora apreciáronse os seguintes:
a) Feitos.
Primeiro.-Mediante escrito con data do 10 de abril de 2002, Francisco Javier Santos Vilar (DNI 33282852-N) solicitou permiso de actividade para a explotación dunha estación depuradora en Camariñas, provincia da Coruña.
Segundo.-O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de establecementos.
Terceiro.-No expediente consta a seguinte documentación, referida ó resultado da información pública e oficial:
-Anuncio de información pública, inserido no DOG.
-Informe técnico biolóxico.
-Informe urbanístico do concello de Camariñas.
-Informe medioambiental, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
-Informe xurídico do Servicio Técnico-Xurídico.
b) Fundamentos de dereito.
Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142) e coa Orde do 27 de marzo de 2000, pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade para establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre (DOG nº 67).
Vistas as disposicións citadas, por proposta de resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería
RESOLVE:
Outorgar a Francisco Javier Santos Vilar co DNI 33282852-N, permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación do establecemento auxiliar de cultivos mariños que se indica a continuación.
-Tipo: estación depuradora.
-Nome: Francisco Javier Santos Vilar.
-Actividade: eliminación de xermes patóxenos.
-Especies: moluscos.
-Situación: r/ Cantón de Miguel Feijoo, 12 Camariñas (A Coruña).
-Superficies:
Dominio público: non ocupa.
Dominio privado: 19,50 m.
-Características das instalacións:
Planta baixa: superficie: 19,50 m.
Piscinas: 2 piscinas cunha superficie de 1,25 m cada unha.
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-O permiso de actividade outórgase por un prazo de dez (10) anos, que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG. Poderá prorrogarse por períodos máximos doutros dez anos, logo de petición do interesado dentro dos 60 días anteriores ó vencemento da súa vixencia.
Segunda.-As obras e instalacións que poderán dar comezo no momento no que o titular dispoña das autorizacións preceptivas dos distintos organismos competentes na materia, levaranse a cabo conforme o proxecto Acondicionamento instalacións de local destinado a depuración de moluscos bivalvos subscrito polo enxeñeiro técnico industrial Luis Muñoz
Miranda e visado polo colexio oficial de enxeñeiros industriais da Coruña o 18 de xaneiro de 2002, e deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 1 ano, contado desde a día seguinte ó da publicación da presente resolución.
Terceira.-A execución das obras e instalacións e o inicio da actividade realizaranse de acordo co disposto nos artigos 5 e 6 da devandita Orde do 27 de marzo de 2000.
Cuarta.-O establecemento non poderá destinarse a usos distintos dos autorizados. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.
Quinta.-O permiso de actividade ó que se refire esta resolución extinguirase polo incumprimento dalgunha das condicións dela e nos casos previstos no artigo 72, da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño.
Sexta.-O outorgamento deste permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes.
Sétima.-O titular xustificará o pagamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito ó acto do dito imposto, feita pola delegación de facenda ou oficina liquidadora correspondente.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderáse interpoñer recurso postestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción conteciosa-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2003.
Enrique César López Veiga
Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos