Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2003 pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación -trámite de urxencia-, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto sectorial Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (Campo Lameiro, Pontevedra).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu número 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 26 de xullo de 2001, o Consello da Xunta de Galicia acordou declara-lo proxecto sectorial do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (Campo Lameiro, Pontevedra), como de incidencia supramunicipal para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio.

Con data do 18 de xullo de 2002, procédese á aprobación definitiva do referido proxecto sectorial, declarándose de utilidade pública para os efectos previstos na Lei 10/1995, de ordenación do territorio.

Con data do 17 de outubro de 2002, o Consello da Xunta de Galicia acordou declara-la prevalencia da utilidade pública do proxecto do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (Campo Lameiro, Pontevedra), sobre os montes veciñais en man común de Paredes e Praderrei, do concello de Campo Lameiro.

Con data do 22 de novembro de 2002, polo Decreto 324/2002 procédese á urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución das obras do proxecto sectorial do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (Campo Lameiro, Pontevedra).

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 1956 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Campo Lameiro.

Día: 18 de marzo de 2003.

Horario: de 10.30 horas a 11.30 horas.

De: C.C.M.M. de Paredes.

A: Silva Caneda, Abel.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos no Concello de Campo Lameiro, e na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia (edif. administrativo San Caetano-bloque 3) 15771 Santiago de Compostela.

A este acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e presenta-los documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia (edif. adtvo. San Caetano-bloque 3), 15771 Santiago de Compostela, as alegacións que coiden pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2003.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo