Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.506

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial, pola que se lle dá publicidade á resolución de adhesión da certificadora Entidad de Certificación y Aseguramiento, S.A. (ECA) ó convenio aberto de colaboración entre a Consellería de Industria e Comercio e as empresas avaliadoras da conformidade para o fomento da certificación dos sistemas de xestión da calidade no tecido empresarial galego.

Con data do 18 de xuño de 2002 subscribiuse entre a Consellería de Industria e Comercio e as empresas avaliadoras da conformidade un convenio aberto de colaboración para o fomento da certificación dos sistemas de xestión da calidade no tecido empresarial galego que foi publicado no DOG nº 132, do 10 de xullo de 2002.

Na cláusula terceira do convenio recóllese a posibilidade de adherirse a este aquelas certificadoras que o soliciten e reúnan os requisitos esixidos no convenio. Conforme o establecido na cláusula a certificadora Entidad de Certificación y Aseguramiento, S.A (ECA) presentou solicitude de adhesión ó dito convenio aberto.

Vista a documentación remitida pola certificadora, o conselleiro de Innovación, de Industria e Comercio resolveu adherir a Entidad de Certificación y Aseguramiento, S.A., con CIF: A-81358855, representada por José María Griera Soláns, ó convenio aberto de colaboración entre a Consellería de Industria e Comercio e as empresas avaliadoras da conformidade para o fomento dos sistemas de xestión da calidade no tecido empresarial galego do 18 de xuño de 2002.

Cumprida a tramitación regulamentaria procede a publicación no Diario Oficial de Galicia da devandita adhesión co fin de darlle publicidade a este feito.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2003.

José Manuel González González

Director xeral de Tecnoloxía

e Desenvolvemento Sectorial

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO