Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.504

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 25 de febreiro de 2003 pola que se modifican as ordes da Consellería de Industria e Comercio do 26, 27, 28 e 29 de novembro de 2002 publicadas os días 12, 9, 10 e 11 de decembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia números 239, 236, 237 e 238) polas que se convocan para o ano 2003 subvencións en desenvolvemento do Programa cuadrienal de modernización do sector comercial de Galicia 2001-2004, para os efectos de reactiva-la actividade comercial nos municipios afectados polo Prestige.

Os posibles efectos negativos na actividade económica dos 70 municipios afectados polo accidente

do buque Prestige, fan necesario adoptar unha serie de medidas especiais de apoio que permita incrementa-la súa competitividade, a súa máis fácil recuperación e saída da crise.

Como consecuencia, a Xunta de Galicia aprobou o Plan de Dinamización Económica de Galicia 2003-2006, no que se recollen importantes medidas dirixidas ó sector comercial retallista, coas que se busca a reactivación económica dos municipios afectados.

Dentro das medidas adoptadas polo referido plan, destacan o incremento dos fondos consignados nos municipios afectados en diversas liñas de axudas publicadas polo Consellería de Innovación, de Industria e Comercio, dirixidas tanto a comerciantes individuais como a asociacións de comerciantes e as corporacións locais, para financia-los proxectos que se desenvolvan nas zonas afectadas.

Na nosa Comunidade Autónoma xa se aprobara, no ano 2000 por acordo do Consello da Xunta de Galicia, o Programa cuadrienal de modernización do sector comercial de Galicia 2001-2004, no que se recollen uns programas xerais de formación, información e innovación, nos que se busca impulsa-lo asociacionismo e urbanismo comercial, o que se persegue con estas medidas é poñer ó alcance do sector comercial das zonas afectadas, as ferramentas necesarias para a reestructuración do sector, a súa modernización e especialización comercial, plan que vai contar cunha importante reactivación nos municipios afectados gracias ó impulso que vai a supoñe-la aprobación do Plan de Dinamización Económica de Galicia 2003-2006.

DISPONGO:

Artigo 1º

Modificación da Orde do 26 de novembro de 2002 (publicada o 12 de decembro de 2002, DOG nº 239) pola que se convocan para o ano 2003 subvencións a asociacións sen fins de lucro para actuacións en revitalización urbanístico-comercial, implantación de programas de calidade, asesoramento e asistencia técnica ó comercio retallista, en desenvolvemento do Programa cuadrienal de modernización do sector comercial retallista de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, de acordo coas bases regu

ladoras establecidas no anexo XII da Orde do 11 de marzo de 2002.

Primeiro.-Engadi-lo seguinte parágrafo ó artigo 2.2º «Non obstante no caso de que os beneficiarios establecidos no artigo 1º para as accións realizadas nos municipios declarados afectados polo accidente do Prestige as axudas incrementaranse en 10 puntos podendo alcanza-lo 80% do investimento subvencionable».

Segundo.-Engadi-lo seguinte parágrafo ó artigo 3.3º «Non obstante no caso de que os beneficiario establecidos no artigo 1º para as accións realizadas nos municipios declarados afectados polo accidente do Prestige o prazo de finalización de presentación de solicitudes será o 31 de marzo de 2003».

Artigo 2º

Modificación da Orde de 27 de novembro de 2002 (publicada o 9 de decembro de 2002, DOG nº 236) pola que se procede á convocatoria para o ano 2003 de axudas e subvencións ás corporacións locais para o fomento ó investimento en mercados retallistas, en rúas e zonas peonís-comerciais e noutros equipamentos comerciais de carácter social, en desenvolvemento do Programa cuadrienal de modernización do sector comercial retallista de Galicia, no réxime de concorrencia competitiva, de acordo coas bases reguladoras establecidas no anexo X da Orde de 11 de marzo de 2002 publicada no Diario Oficial de Galicia número 55, do 18 de marzo.

Primeiro.-Engadi-lo seguinte parágrafo ó artigo 2.2º «Non obstante no caso de que os beneficiarios establecidos no artigo 1º dos municipios declarados afectados polo accidente do Prestige as axudas incrementaranse un 10 podendo alcanza-lo 80% do investimento subvencionable».

Segundo.-Engadi-lo seguinte parágrafo no artigo 3.4º «Non obstante no caso de que os beneficiarios establecidos no artigo 1º dos municipios declarados afectados polo accidente do Prestige o prazo de finalización de presentación de solicitudes será o 31 de marzo de 2003».

Artigo 3º

Modificación da Orde do 28 de novembro de 2002 (publicada o 10 de decembro de 2002, DOG nº 237) pola que se convocan para o ano 2003 subvencións a asociacións sen fins de lucro para actividades de distribución, loxística e promoción comercial, en desenvolvemento do Programa cuadrienal de desenvolvemento do sector comercial retallista de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, de acordo coas bases reguladoras establecidas no anexo XI da Orde do 11 de marzo de 2002 publicada no Diario Oficial de Galicia número 55, do 18 de marzo.

Primeiro.-Engadi-lo seguinte parágrafo o artigo 2.3º «Non obstante no caso de que os beneficiarios establecidos no artigo 1º para as accións realizadas nos municipios declarados afectados polo accidente do Prestige, as axudas incrementaranse en 20 puntos podendo alcanza-lo 70% do investimento subvencionable».

Segundo.-Engadi-lo seguinte parágrafo ó artigo 3.3º. «Non obstante no caso de que os beneficiarios establecidos no artigo 1º para as accións realizadas nos municipios declarados afectados polo accidente do Prestige o prazo de finalización de presentación de solicitudes será o 31 de marzo de 2003».

Artigo 4º

Modificación da Orde do 29 de novembro de 2002 (publicada o 11 de decembro de 2002, DOG nº 238) pola que se procede á convocatoria para o ano 2003 das subvencións para a renovación e mellora do pequeño comercio en desenvolvemento do Programa cuadrienal de modernización do sector comercial retallista de Galicia, de acordo coas bases reguladoras establecidas no anexo XIII da Orde do 11 de marzo de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia número 55, do 1 de marzo.

Primeiro.-Engadi-lo seguinte parágrafo ó artigo 2.2º «Non obstante no caso de que os beneficiarios establecidos no artigo 1º nos establecementos comerciais dos municipios declarados afectados polo accidente do Prestige, as axudas concedidas incrementaranse en 5 puntos podendo alcanza-lo 55% do investimento subvencionable».

Disposición transitoria

Os posibles beneficiarios desta orde que presentaran as súas solicitudes ó amparo das ordes agora modificadas non terán que realizar nova solicitude, aplicándoselle de oficio o disposto nesta orde.

Disposicións adicionais

Primeira.-As novas solicitudes presentadas ó amparo desta orde realizaranse de acordo cos anexos contidos nas ordes agora modificadas.

Segunda.-Tódalas referencias á Consellería de Industria e Comercio contidas nas ordes modificadas entenderanse realizadas á Consellería de Innovación, de Industria e Comercio.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, de Industria e Comercio