Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOÉN

ANUNCIO de licitación.

Por Decreto da alcaldía, do 19 de febreiro de 2003, préstase aprobación ó prego de cláusulas adminis

trativas que rexerán o procedemento para a contratación das obras que se indican, o cal se expón ó público polo prazo de oito días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no DOG, computándose para efectos de prazos a última publicación de ambas, para que poidan presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente, anúnciase o concurso, aínda que a licitación se aprazará canto resulte necesario de presentarse reclamacións ó prego.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Toén; r/ Ribadela, 1, 32930 Toén (Ourense).

2. Obxecto do contrato: obras de construcción de edificio para fogar de persoas maiores, fase I, de acordo co prego de cláusulas administrativas e proxecto técnico redactado polo arquitecto Sergio Mascareñas Nogueiras, e aprobado por Decreto da alcaldía con data do 19 de febreiro de 2003.

Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 83.504 euros, IVE e demais tributos incluídos.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de información e documentación: na Secretaría do Concello de Toén; r/ Ribadela, 1, 32930 Toén (Ourense). Teléfono 988 26 10 74. Fax 988 26 12 72.

7. Requisitos xerais do contratista: sinalados no prego de condicións administrativas.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo e lugar: no rexistro xeral do Concello de Toén, durante 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publiación deste anuncio no último dos boletíns en que apareza (BOP ou DOG) das 9 ás 14 horas, de luns a venres. Encóntrase o proxecto técnico na Copisteria Copyplaza, S.L., sita na praza Maior de Ourense, nº 8, así como o prego de condicións que rexerán a contratación para efectos de obtención de copias.

b) Documentación que hai que presentar: proposición para tomar parte na licitación para a contratación das obras de execución de edificio para fogar de persoas maiores, fase I, polo procedemento aberto, mediante concurso, convocado polo Concello de Toén.

Constarán de dous sobres pechados A e B, que conterán a documentación sinalada na cláusula

XVIII do prego de condicións administrativas particulares, denominadas:

Sobre A): documentación acreditativa da personalidade e características do contratista e garantía depositada.

Sobre B): oferta económica e criterios diferentes ó do prezo.

9. Apertura de ofertas: ás trece horas do segundo día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións, considerándose para este caso inhábil o sábado.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Toén, 19 de febreiro de 2003.

O alcalde

Rubricado