Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEDEUME

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adjudicadora.

a) Organismo: Concello de Pontedeume.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Nº de expediente: S-C-002/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de mobiliario para parques infantís.

b) Lugar de execución: Concello de Pontedeume.

c) Prazo de execución (meses): tres (3).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: corenta e un mil trescentos corenta e dous con corenta euros, 41.342,40 euros.

5. Garantías.

Provisional: 826,85 euros.

Definitiva: o 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Pontedeume.

Enderezo: rúa Real, nº 13.

Localidade e código postal: 15600 Pontedeume

Teléfono: 981 43 30 96.

Fax: 981 43 33 68.

7. Clasificación do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio de licitación no BOP ou no DOG, das 9 ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán esta contratación.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontedeume.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o sexto día hábil seguinte a aquél no que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ó luns seguinte.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informaciones: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 deste anuncio.

11. Gastos dos anuncios.

O adxudicatario estará obrigado a pagar tódolos gastos de publicación de anuncios de licitación e adxudicación que se publiquen nos medios de comunicación e diarios oficiais.

Pontedeume, 16 de xaneiro de 2003.

Belarmino Freire Bujía

Alcalde