Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

Expediente: modificación das NN.SS. de Nigrán. Ampliación do ámbito do sistema de infraestructuras de servicios técnicos en Condomínguez.

Número: 2002/030S.

Aprobación definitiva: acordo plenario do 20 de decembro de 2002.

Trámite: publicación.

Norma reguladora: artigo 48 da Lei do solo de Galicia.

O Concello de Nigrán aprobou definitivamente, en virtude da delegación prevista na Lei 7/1995, a proposta de modificación das normas subsidiarias de planeamento, relativa á ampliación do ámbito do sistema de infraestructuras de servicios técnicos en Condomínguez (Nigrán), incorporándose como anexo á memoria as xustificacións contidas na letra c) do acordo de aprobación inicial.

A citada resolución pon fin á vía administrativa, polo que contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación deste anuncio. Todo iso sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Nigrán, 7 de xaneiro de 2003.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde