Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

EDICTO.

Por medio deste edicto faise público que o Concello de Vimianzo promove a contratación da subministración de bens e productos, así como a prestación de determinados servicios para o desenvolvemento das tarefas propias das brigadas municipais de obras e servicios, consonte o determinado no anexo I do prego de condicións económico-administrativas.

O orzamento base de licitación é de 61.000 euros, IVE e demais impostos incluídos.

A presentación de ofertas terá lugar no prazo de 15 días naturais, contados desde a publicación do anuncio de licitación en modelo normalizado no BOP.

Pódese obter copia dos pregos e demais información que sexa precisa nas dependencias municipais

da secretaría, en horario de oficina. Teléfono: 981 71 60 01. Fax: 981 71 66 50.

O modelo normalizado do anuncio de licitación publícase no BOP da Coruña.

Vimianzo, 14 de febreiro de 2003.

P.D. (ex Decreto publicado no BOP nº 49/2002)

Manuel Castro Lema

Primeiro tenente alcalde