Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.465

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEE

ANUNCIO.

Anuncio de concurso, con procedemento aberto, da obra de acondicionamento estrada Toba-Lires, incluída no Plan de obras e servicios da deputación provincial/2003.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Cee.

2. Obxecto do contrato.

Execución da obra denominada acondicionamento da estrada Toba-Lires.

Redactor do proxecto: Ramón María Leis Vidal.

Prazo de execución: dous (2) meses.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación normal con procedemento aberto.

4. Forma.

Concurso.

5. Orzamento de contrata.

70.176,15 euros.

6. Clasificación empresarial.

Non se esixe clasificación.

7. Garantías.

Garantía provisional: 2% do orzamento de contrata (1.403,52 A).

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación (2.807,04 A).

8. Obtención de documentos e información.

Concello de Cee, rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n. Teléfono: 981 74 51 00. Fax: 981 74 67 57.

9. Presentación de ofertas.

Vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do último anuncio (BOP ou DOG).

10. Documentación.

A que figura nos pregos.

11. Lugar de presentación.

Na Secretaría do Concello de Cee, en horas hábiles de oficina.

12. Apertura de propostas.

Ás 12 horas do seguinte día hábil ó do remate do prazo de presentación de propostas; no caso de ser sábado entenderase prorrogado ó 1º día hábil seguinte.

13. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Cee, 11 de febreiro de 2003.

José Antonio Domínguez García

Alcalde-presidente