Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.465

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO de licitación.

Aprobado por Decreto da alcaldía do 30 de xaneiro de 2003, o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares técnicas que rexerán o concurso para adxudica-las obras de saneamento e abastecemento na r/ San Bernardo Fase II, que se expoñen ó público durante 8 días contados a partir do seguinte ó de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se resultara necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

Entidade adxudicadora.

Concello da Guarda, praza do Reló s/n, 36780. Teléfono: 986 61 00 00. Fax: 986 61 02 83.

Obxecto do contrato.

Adxudicación das obras de saneamento e abastecemento na r/ San Bernardo fase III.

Tipo de licitación.

53.571,58 euros, IVE incluído, (cincuenta e tres mil cincocentos setenta e un euros con cincuenta e oito céntimos de euro).

Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente.

Garantías.

Provisional: 2% do orzamento.

Definitiva: 4% do orzamento.

Exame do expediente.

Os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello, en horario de 9 a 13 horas, excepto sábados e festivos e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, dentro do prazo de 15 días naturais contados a partir do día da última publicación deste anuncio no DOG en horas de nove a trece e de luns a venres, na forma sinalada na cláusula décimo terceira do prego de cláusulas administrativas técnicas.

Se o último día de presentación de ofertas fose inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Apertura de proposicións.

A apertura terá lugar ás 13 horas do día hábil seguinte ó sinalado como último para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerarase inhábil).

Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

A Guarda, 30 de xaneiro de 2003.

José Luis Alonso Riego

Alcalde