Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.465

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión do día 17 de decembro de 2002, o Plan especial de protección do Dolmen de Dombate, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá ser examinado na secretaría do concello, para se formula-las alegacións que se estimen pertinentes.

Queda suspendido por un ano, nos termos sinalados no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o procedemento de concesión de licencias no ámbito territorial delimitado polo Plan especial, por supoñeren as novas determinacións modificación do réxime urbanístico vixente. A suspensión extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do plan.

Cabana de Bergantiños, 4 de febreiro de 2003.

Enrique Díaz Varela

Alcalde