Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 30 de xaneiro de 2003, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado o acordo de incoación do expediente sancionador VP-C 44/02.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado o acordo de incoación do expediente sancionador VP-C 44/02 que se inicia neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Desígnase respectivamente instructor e secretaria dos expedientes a Sebastián Martínez-Risco Alonso e Carmen Pombo Chans, concedéndolles ós interesados quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para face-las alegacións que crean oportunas no seu descargo e, de se-lo caso, solicita-la práctica das probas.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado de enderezo descoñecido, no cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 30 de xaneiro de 2003.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

*VP-C 44/02.

Antonio Díaz Parcero.

R/ Roi Xordo, 11-1º A.

Culleredo.