Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 30 de xaneiro de 2003, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifican ós interesados as propostas de resolución dos expedientes sancionadores que se citan.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselles ós interesados as proposttas de resolución dos expedientes sancionadores VP-C 6/02, VP-C 7/02, VP-C 31/02 e VP-C 42/02 que se inician neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Pola dita infracción a instructura do expediente propón a sanción de multa de 601,02 euros, ós expedientes VP-C 6/02, VP-C 7/02 e VP-C 31/02 e 1.803,04 euros ó expediente VP-C-42/02 sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da postestade sancionadora, dease traslado ós interesados concedéndolles un prazo de 15 días para formular alegacións en trámite de audiencia e presenta-los documentos e informacións que consideren pertinentes. As presentes propostas non son suceptibles de recurso.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido, no cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 15 de outubro de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

*VP-C 6/02.

José Martínez Prieto.

Urbanización Sol y Mar.

R/ Lope de Vega, bloque 14, escaleira 16-1º A.

Oseiro-Arteixo.

Sanción: 601,02 euros.

*VP-C 7/02.

Ricardo Lence García.

R/ Madrid, 19-1º B.

Polígono das Fontiñas.

Santiago de Composela.

Sanción: 601,02 euros.

*VP-C 31/02.

Gerardo Sarasola Álvarez.

Urbanización Sol y Mar.

R/ Tirso de Molina, bloque 10, portal 1 baixo C.

Oseiro-Arteixo.

Sanción: 601,02 euros.

*VP-C 42/02.

Manuel López Arraña.

Urb. Río Ramalla-Vilaboa.

R/ Fonte Balsa, bloque 1, portal 2, 2º E.

Culleredo.

Sanción: 12.803,04 euros.