Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 30 de xaneiro de 2003, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifican ós interesados as resolucións dos expedientes sancionadores que se citan.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícanselles ós interesados as resolucións dos expedientes sancionadores VP-C 5/02, VP-C 14/02, VP-C 17/02 e VP-C 22/02 que se inician neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Pola dita infracción impónselles unha multa, sen prexuízo da obriga de destina-las vivendas a domicilio habitual e permanente.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido, no cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 30 de xaneiro de 2003.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

*VP-C 5/02.

José F. Castiñeiras Torre.

Urbanización Sol y Mar.

R/ Lope de Vega, bloque, 14, esc. 5, 1º B.

Oseiro (Arteixo).

Sanción: 601,02 euros.

*VP-C 14/02.

Mª Carmen Rodeiro Pazos.

Avda. Castelao, 8-3º A, bloque 19.

Polígono de Vite.

Santiago de Compostela.

Sanción: 601,02 euros.

*VP-C 17/02.

Juan J. Leborans Varela.

Avda. Castelao, 4 baixo A, bloque 17.

Polígono de Vite.

Santiago de Compostela.

Sanción: 601,02 euros.

*VP-C 22/02.

Francisco Cebreiro Fernández.

Polígono de Esteiro.

Avda. de Vigo, 201, 203-portal E, 1º B.

Ferrol.

Sanción: 601,02 euros.