Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial Lugo, de notificación de resolución de expediente sancionador 18/2002 a Herminia Losada Fernández.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, tramitou expediente sancionador 18/2002, seguido de oficio pola Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, contra Herminia Losada Fernández, finalizando este trámite con resolución do expediente sancionador por non dedica-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses.

O citado acordo é do seguinte teor:

Resolución do expediente sancionador 18/2002.

Vistas as dilixencias seguidas de oficio pola Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo en relación coa vivenda de promoción pública construída baixo o expediente LU-85/110, conta 34, adxudicada a Herminia Losada Fernández, rúa San Eufrasio, 18-20-2º C de Sarria (Lugo) e unha vez terminadas estas e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes:

Feitos.

1. Con data do 15 de abril de 2002 realízase de oficio visita de inspección á vivenda de referencia, resultando imposible localizar a ninguén nela e constatando indicios de que a adxudicataria non reside de maneira habitual e permanente neste domicilio, segundo se reflicte na correspondente acta de inspección nº 460/2002.

2. Con data do 25 de abril de 2002 solicitáronse os seguintes certificados:

-Certificado de empadroamento da adxudicataria solicitado ó Concello de Sarria.

-Certificado do consumo de enerxía eléctrica da vivenda solicitado á empresa Unión Eléctrica Fenosa.

-Certificado sobre o consumo real de auga da vivenda solicitado á empresa TEDESA.

3. En contestación ás anteriores peticións recíbese a seguinte documentación:

-Con data do 2 de maio de 2002 certificado do Concello de Sarria, segundo o cal resulta que no padrón de habitantes dese concello non figura inscrita a titular e na vivenda non figura inscrita ningunha unidade familiar.

-Con data do 20 de maio de 2002 certificado do consumo de auga remitido pola empresa TEDESA, indicando as lecturas bimestrais do contador que o consumo durante os últimos meses é practicamente inexistente.

4. O artigo 5, letra C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, dispón que «o non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses», constitúe unha infracción grave.

5. Que con data do 3 de setembro de 2002 dictouse proposta de resolución do expediente sancionador 18/2002 a Herminia Losada Fernández por incumpri-la obriga de destina-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente, notificada á denunciada mediante publicación no Diario Oficial de Galicia nº 199 de data do 15 de outubro de 2002. Concedido prazo de 15 días para presentar alegacións, a denunciada no fixo uso deste dereito.

Feitos probados.

Determínase, así, como feito probado que Herminia Losada Fernández incumpriu a obriga de des

tina-la vivenda adxudicada a domicilio habitual e permanente.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para dicta-la resolución do presente expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, en virtude do disposto no artigo 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda establecidas no artigo 10 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

2. Que a infracción imputada encóntrase tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda que sinala que «terán a cualificación de infraccións graves... c) o non destino das vivendas de protección ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante o prazo superior a tres meses» e, en tal sentido o Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda define no seu artigo 3 que se entende por domicilio habitual e permanente, e del despréndese que se entende por domicilio permanente o que constitúa a residencia do titular, ben sexa propietario o arrendatario, e sen que perda tal carácter polo feito de que este, o seu cónxuxe ou parentes, dun e doutro, ata o terceiro grao que convivan co titular, exerzan na vivenda unha profesión ou pequena industria

doméstica, aínda que sexa obxecto de tributación, e por domicilio habitual, enténdese cando a vivenda non permaneza desocupada máis de tres meses, salvo que medie xusta causa.

3. Que non xustificou plenamente a ocupación da vivenda de promoción pública que lle foi adxudicada mediante as alegacións presentadas e a documentación unida a estas.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

RESOLVO:

Impoñer a Herminia Losada Fernández unha sanción de 601,02 euros de multa.

Contra a presente resolución que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada de conformidade co establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común diante do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes.

Lugo, 15 de xaneiro de 2003.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo