Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.400

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2003 pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

Dentro do programa de actividades de formación continua da EGAP para o 2003, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia e que, como modelo oficial, se recolle no anexo II desta resolución.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso neste ano.

3. O prazo e mailos lugares de presentación das instancias serán os que se sinalan para cada curso no dito anexo I.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso no aludido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. Os criterios selectivos que se van utilizar serán os referidos especificamente no dito anexo I para cada curso.

2. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da Escola Galega de Administración Pública e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Cuarta.-Certificacións de asistencia.

1. Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos da avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos, a EGAP poderá fixa-la realización das probas ou controis que considere oportunos ou requiri-la presentación dun traballo final de prácticas.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberán facilitar copia das certificacións recibidas ós servicios de persoal do centro directivo ó que estean adscritos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Sexta.-Financiamento.

En razón dos fondos con que se financiarán estes cursos, a súa realización efectiva está condicionada á transferencia daqueles por parte do Instituto Nacional de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega

de Administración Pública

ANEXO I

* Curso: informática básica para usuarios do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia (14 edicións).

1. Obxectivos.

Mellora-los coñecementos dos usuarios do SXPA sobre conceptos básicos en materia informática e sobre algunha das ferramentas utilizadas pola Xunta de Galicia como parte da plataforma tecnolóxica na que se basea o SXPA.

2. Destinatarios.

Usuarios finais do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Que sexan usuarios finais do SXPA, circunstancia que verificará a Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, segundo a lista de usuarios activos no sistema a 28 de xuño de 2003.

No caso de que nunha provincia/servicios centrais o número de solicitantes supere o número de prazas ofertadas (30 para A Coruña/20 para Lugo, Ourense e Pontevedra/10 para Vigo/40 para servicios centrais), unicamente se considerarán as solicitudes de usuarios que durante os meses de maio e xuño de 2003 tivesen máis días de conexión ó sistema. Para tal efecto, na solicitude, no epígrafe onde se describen as tarefas realizadas no posto de traballo relacionadas co obxecto do curso, deberá indicarse obrigatoriamente o código identificador do usuario no SXPA.

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola. Así mesmo, remitiranse copias desta ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela. O número de edicións é de 14 (4 edicións para os usuarios de Santiago de Compostela, 3 edicións para A Coruña, 2 edicións para Lugo, Ourense e Pontevedra e 1 edición para Vigo).

As datas serán as seguintes en función do lugar de realización:

-Santiago de Compostela: do 8 ó 12 de setembro (1ª edición); do 15 ó 19 de setembro (2ª edición); do 22 ó 26 de setembro (3ª edición); 29 de setembro ó 3 de outubro (4ª edición).

-A Coruña: do 8 ó 12 de setembro (1ª edición); do 15 ó 19 de setembro (2ª edición); do 22 ó 26 de setembro (3ª edición).

-Lugo, Ourense e Pontevedra: do 8 ó 12 de setembro (1ª edición); do 15 ó 19 de setembro (2ª edición).

-Vigo: do 22 ó 26 de setembro.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 10 por edición.

5. Contido.

Introducción e conceptos básicos sobre sistemas informáticos. O contorno Windows 95/98 e o procesador de textos Word 97.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de trinta días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela e presentaranse no rexistro da dita consellería, nos das súas delegacións provinciais ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: ferramentas de traballo en grupo: correo electrónico corporativo da Xunta de Galicia (Lotus Notes) e páxinas web institucionais (45 edicións).

1. Obxectivos.

Obter un adecuado coñecemento da ferramenta de correo corporativo da Xunta de Galicia e das páxinas web institucionais.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario e laboral da Administración autonómica que sexa usuario do correo corporativo da Xunta de Galicia (Lotus Notes).

3. Criterios de selección.

Usuarios do correo corporativo da Xunta de Galicia (Lotus Notes), que dispoñen de conta persoal (conta co seu nome e apelidos), circunstancia que verificará a Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, segundo á lista de usuarios activos no sistema a 19 de setembro de 2003 e usuarios que xestionan unha caixa de correos xenérica (conta co nome do organismo, centro directivo, servicio, instituto, etc.), circunstancia que deberán acreditar obrigatoriamente achegando á súa solicitude unha certificación do xefe do centro directivo ou organismo ó que pertence a citada caixa de correos.

No caso de que nunha provincia ou en servicios centrais o número de solicitantes supere o número de prazas ofertadas (90 para servicios centrais e 90 para A Coruña, Lugo e Ourense, 60 para Pontevedra e 30 para Vigo), establecerase a prioridade en función da data de alta como usuario do correo electrónico (do máis antigo ó máis recente).

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola. Así mesmo, remitiranse copias desta ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela. O número de edicións é de 45 (9 edicións para os usuarios de Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo e Ourense, 6 edicións para Pontevedra e 3 para Vigo).

As datas serán as seguintes en función do lugar de realización:

-Santiago de Compostela e A Coruña: do 20 ó 23 de outubro (1ª edición); do 27 ó 30 de outubro (2ª edición); do 3 ó 6 de novembro (3ª edición); do 10 ó 13 de novembro (4ª edición); do 17 ó 20 de novembro (5ª edición); do 24 ó 27 de novembro (6ª edición); do 1 ó 4 de decembro (7ª edición); do 9 ó 12 de decembro (8ª edición); do 15 ó 18 de decembro (9ª edición).

-Lugo: do 13 ó 16 de outubro (1ª edición); do 27 ó 30 de outubro (2ª edición); do 3 ó 6 de novembro (3ª edición); do 10 ó 13 de novembro (4ª edición); do 17 ó 20 de novembro (5ª edición); do 24 ó 27 de novembro (6ª edición); do 1 ó 4 de decembro (7ª edición); do 9 ó 12 de decembro (8ª edición); do 15 ó 18 de decembro (9ª edición).

-Ourense: do 20 ó 23 de outubro (1ª edición); do 27 ó 30 de outubro (2ª edición); do 3 ó 6 de novembro (3ª edición); do 12 ó 17 de novembro (4ª edición); do 18 ó 21 de novembro (5ª edición); do 24 ó 27 de novembro (6ª edición); do 1 ó 4 de decembro (7ª edición); do 9 ó 12 de decembro (8ª edición); do 15 ó 18 de decembro (9ª edición).

-Pontevedra: do 13 ó 16 de outubro (1ª edición); do 27 ó 30 de outubro (2ª edición); do 3 ó 6 de novembro (3ª edición); do 10 ó 13 de novembro (4ª edición); do 24 ó 27 de novembro (5ª edición); do 9 ó 12 de decembro (6ª edición).

-Vigo: do 17 ó 20 de novembro (1ª edición); do 1 ó 4 de decembro (2ª edición); do 15 ó 18 de decembro (3ª edición).

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 10 por edición.

5. Contido.

O correo electrónico (Lotus Notes): a área de traballo (vistas, paneis e carpetas), xestión do correo (envío e recepción de mensaxes), a sinatura electrónica, a axenda, asignación de tarefas, as mensaxes especiais e as bases de datos corporativas. Páxinas web institucionais: www.xunta.es, intranet e www.eidolocal.es.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de trinta días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela e presentaranse no rexistro da dita consellería, nos das súas delegacións provinciais ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a seguridade da plataforma SXPA e a lexislación informática relacionada.

1. Obxectivos.

Obter coñecementos sobre a seguridade e lexislación informática coa intención de posteriormente formar, concienciar, xestionar e resolve-las incidencias dos usuarios da rede corporativa de datos da Xunta que se producen respecto a esta temática.

2. Destinatarios.

Persoal laboral do grupo III que desempeñe as funcións de coordinador de Infocentro da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

3. Criterios de selección.

A selección efectuarase en función:

-Da experiencia na impartición de cursos de formación dos usuarios do SXPA.

-Da relación directa do lugar de destino do posto de traballo co lugar no que se presta apoio ós usuarios e no que se imparten os cursos de formación dos usuarios do SXPA.

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola. Así mesmo, remitiranse copias desta ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: Aula de Informática da EGAP (2ª planta), os días 12 ó 15, do 19 ó 22 e 26 e 27 de maio.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

A seguridade nas redes publicas e privadas de datos. Medidas de seguridade. Identificación e autentificación. Seguridade na Internet: técnicas preventivas e reactivas. Virus: tipos, medios preventivos e reactivos. A seguridade da rede da Xunta de Galicia (plataforma SXPA). Lexislación relacionada cos sistemas de información.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela e presentaranse no rexistro da dita consellería, nos das súas delegacións ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a rede de datos da Xunta de Galicia: a plataforma técnica SXPA.

1. Obxectivos.

Perfeccionar e actualiza-los coñecementos dos técnicos informáticos que dan soporte técnico e forman ós usuarios da plataforma informática do SXPA (rede de datos: hardware e software).

2. Destinatarios.

Persoal laboral do grupo III que desempeñe as funcións de coordinador de Infocentro da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

3. Criterios de selección.

A selección efectuarase en función:

-Da experiencia na impartición de cursos de formación dos usuarios do SXPA.

-Da relación directa do lugar de destino do posto de traballo co lugar no que se presta apoio ós usuarios e no que se imparten os cursos de formación dos usuarios do SXPA.

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola. Así mesmo, remitiranse copias desta ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: Aula de Informática da EGAP (2ª planta), do 17 ó 20, do 24 ó 27, 31 de marzo e 1 de abril.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

A rede corporativa da Xunta: antecedentes, características técnicas (hardware e software de rede), arquitectura, xestión, mantemento e cobertura da plataforma técnica SXPA.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de cinco días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela e presentaranse no rexistro da dita consellería, nos das súas delegacións provinciais ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: enxeñería do software. Instalación, configuración e mantemento dos módulos do SXPA.

1. Obxectivos.

Perfeccionar e actualiza-los coñecementos dos técnicos informáticos que dan soporte técnico e forman ós usuarios da aplicación informática SXPA.

2. Destinatarios.

Persoal laboral do grupo III que desempeñe as funcións de coordinador de Infocentro da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

3. Criterios de selección.

A selección efectuarase en función:

-Da experiencia na impartición de cursos de formación dos usuarios do SXPA.

-Da relación directa do lugar de destino do posto de traballo co lugar no que se presta apoio ós usuarios e no que se imparten os cursos de formación dos usuarios do SXPA.

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola. Así mesmo, remitiranse copias desta ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: Aula de Informática da EGAP (2ª planta), do 21 ó 24, do 28 ó 30 de abril e do 5 ó 7 de maio.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Aplicacións informáticas de xestión: definición, desenvolvemento, módulos, programación, instalación e configuración. Actualización e mantemento do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA).

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela e presentaranse no rexistro da dita consellería, nos das súas delegacións ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: reforma administrativa da Xunta de Galicia (7 edicións).

1. Obxectivos.

Profundar no coñecemento do proceso de reforma administrativa implantado na Xunta de Galicia, especialmente nos aspectos vinculados á avaliación do rendemento das unidades administrativas e ó sistema de xestión de procedementos administrativos.

2. Destinatarios.

Responsables de unidades administrativas da Xunta de Galicia, con nivel de subdirección xeral, xefatura de servicio e xefatura de sección.

3. Criterios de selección.

No caso de que nunha localidade de realización do curso o número de solicitantes supere o número de prazas convocadas, darase preferencia ós responsables de unidades directamente implicadas na avaliación do rendemento.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela: do 12 ó 15 de maio (1ª edición); do 19 ó 22 de maio (2ª edición); A Coruña: do 12 ó 15 de maio (1ª edición); do 19 ó 22 de maio (2ª edición); Lugo: do 12 ó 15 de maio; Ourense: do 19 ó 22 de maio; Vigo: do 19 ó 22 de maio.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 15 por edición.

5. Contido.

Obxectivos básicos, dirección estratéxica e organización de impulso: o establecemento do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA). Servicio de Resposta Inmediata (SERI). A creación do sistema de información administrativa e atención ó cidadán. O rexistro de contratistas. Oficina de tramitación única de industrias (OTU). A avaliación do rendemento das unidades administrativas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 15 de abril.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Inspección Xeral de Servicios, e presentaranse no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou nas respectivas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública segundo a localidade de realización do curso que se solicita, podéndose presentar ademais en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: perfeccionamento do sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia (6 edicións).

1. Obxectivos.

Mellorar e actualiza-lo coñecemento técnico-funcional do SXPA por parte dos seus usuarios finais, con especial atención ás novas funcionalidades do sistema.

2. Destinatarios.

Usuarios finais do Sistema de Xestión de Procedemento Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Te-la condición de usuario final do SXPA ou a de persoal destinado nas oficinas de información e atención ó cidadán, circunstancias que serán verificadas pola Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, segundo a lista de usuarios activos no sistema a 1 de setembro de 2003.

No caso de que nunha localidade de realización do curso o número de solicitantes supere o número de prazas convocadas, observaranse os seguintes criterios de selección, dándolles prioridade ás solicitudes segundo esta orde:

3.1. Usuarios finais do SXPA que non participasen nas edicións do presente curso realizadas nos anos 2000, 2001 e 2002. Dentro deste grupo terán prioridade absoluta os usuarios destinados nas Oficinas de Tramitación Única de Industrias (OTU) e nas oficinas incluídas no programa do Servicio de Resposta Inmediata (SERI).

3.2. Persoal destinado nas oficinas de información e atención ó cidadán.

Se, conforme os criterios anteriores, se producise empate na puntuación entre dous ou máis aspirantes e non houbera prazas para todos, a selección efectuarase segundo a maior antigüidade na Administración, circunstancia que deberá ser certificada polo responsable do servicio de persoal de que dependa o solicitante. De persisti-lo empate, resolverase mediante sorteo entre os afectados.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela: do 6 ó 10 de outubro (1ª edición); do 13 ó 17 de outubro (2ª edición); A Coruña: do 13 ó 17 de outubro; Lugo: do 20 ó 24 de outubro; Ourense: do 13 ó 17 de outubro; Pontevedra: do 20 ó 24 de outubro.

4.3. Horarios:das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 10 por edición.

5. Contido.

Introducción á reforma administrativa levada a cabo na Xunta de Galicia. O Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA): intro

ducción ó sistema e ós seus módulos de rexistro, tramitación, información de seguimento e seguridade. O sistema de xestión de subvencións.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 1 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Inspección Xeral de Servicios, e presentaranse no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou nas respectivas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública segundo a localidade de realización do curso que se solicita, podéndose presentar ademais en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: prevención de riscos laborais. Plans de emerxencia (18 edicións).

1. Obxectivos.

Forma-los integrantes dos comités de autoprotección, segundo sinala a Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, no seu artigo 20, para implanta-los plans de emerxencia nos centros de traballo da Administración da Xunta de Galicia.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia, agás persoal docente e persoal estatutario do Sergas.

3. Criterios de selección.

Persoal integrante dos comités de autoprotección nos distintos centros da Administración da Xunta de Galicia, ou persoal que se queira integrar ó remate do curso, que non fixeran ningún curso nesta especialidade.

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola. Así mesmo, remitiranse copias desta ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugares e datas: Vigo, Lugo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Ourense, Ferrol e A Coruña.

As datas serán as seguintes en función do lugar de realización:

-Vigo (5 edicións): 15 e 16 de maio (1ª edición); 22 e 23 de maio (2ª edición); 29 e 30 de maio (3ª edición); 5 e 6 de xuño (4ª edición); 12 e 13 de xuño (5ª edición).

-Lugo (3 edicións): 29 e 30 de maio (1ª edición); 5 e 6 de xuño (2ª edición); 12 e 13 de xuño (3ª edición).

-Pontevedra: 19 e 20 de xuño.

-Santiago de Compostela: 26 e 27 de xuño.

-Ourense: 18 e 19 de setembro.

-Ferrol: 18 e 19 de setembro.

-A Coruña (6 edicións): 25 e 26 de setembro (1ª edición); 2 e 3 de outubro (2ª edición); 9 e 10 de outubro (3ª edición); 16 e 17 de outubro (4ª edición); 23 e 24 de outubro (5ª edición); 30 e 31 de outubro (6ª edición).

4.3. Horarios:das 8.30 ás 14.30 horas

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

Incendio: conceptos básicos, axentes extintores, equipos de protección contra incendios. Plans de emerxencia. Primeiros auxilios. Prácticas con lume real: extintores e bies.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axuntaranse ó modelo anexo II a esta resolución e dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a intervención pública na economía europea: fundamentos e instrumentos.

1. Obxectivos.

Realizar unha aproximación ó funcionamento da economía europea. Dar a coñece-las ferramentas básicas para a análise do dereito comunitario e dos fallos do libre mercado. Facilita-la comprensión das institucións xurídico-económicas no marco das políticas comúns.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia sen formación económica específica.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades directamente relacionadas co contido do curso, atendendo en todo caso ós criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución da EGAP do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 29 e 30 de setembro; 1, 2, 6, 7, 8, 9, 13 e 14 de outubro.

4.3. Horarios:das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Introducción ás institucións da UEM: a lóxica económica da UEM. Principios e institucións do libre mercado, distorsións típicas da competencia: monopolios, oligopolios, acordos colusivos. A defensa da competencia na UE. Fallos do sector público. Teoría da elección pública e análise económica do dereito. Grupos de interese e burocracia. Análise económico-política das institucións da UE. Incidencia económica das normas xurídicas da UE.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior (rúa dos Feáns, nº 5 baixo, 15706 Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: básico de dereito social comunitario.

1. Obxectivos.

Familiariza-lo persoal autonómico coa normativa comunitaria que prevalece na execución das diversas facetas da política social e que informa a interpretación doutros preceptos a miúdo utilizados na xestión administrativa nese ámbito. Coñece-las últimas correntes da doutrina xurisprudencial na materia. Facilita-la instrucción de procedementos de competencia autonómica que estean condicionados polo acervo comunitario.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia que desenvolvan tarefas relacionadas co contido do curso.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades directamente relacionadas co contido do curso, atendendo en todo caso ós criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución da EGAP do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 13, 14, 15, 16, 20, 21, 22, 23, 27 e 28 de outubro.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Programas de acción afirmativa a favor de colectivos sociais con carencias ou sobrepresentación. Normativa primaria e derivada antidiscriminación: interpretación xuridisprudencial. Organización, procedementos administrativos e financeiros e intervencións do Fondo Social Europeo. Condicións laborais: seguridade, salarios, duración do traballo e relacións laborais, desemprego e fomento do emprego. Principios de seguridade social comunitaria. Libre circulación de traballadores e liberdade de establecemento. Protección da saúde e dos consumidores. Educación, formación e cultura.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior (rúa dos Feáns, nº 5 baixo, 15706 Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a política da Unión Europea na cooperación ó desenvolvemento.

1. Obxectivos.

Consegui-la formación necesaria do persoal para o desenvolvemento do seu traballo.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Administración autonómica.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades directamente relacionadas co contido do curso, atendendo en todo caso ós criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución da EGAP do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 24 horas

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 6, 7, 8, 9, 13, 14, 15 e 16 de outubro.

4.3. Horarios:das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 25

5. Contido.

A administración galega e os diferentes axentes do exterior. Tipos de relacións e mecanismos legais para a súa instrumentalización. Xestións dos distintos procedementos administrativos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior (rúa dos Feáns, nº 5 baixo, 15706 Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

* Curso: a identificación, deseño e avaliación dos proxectos de cooperación e desenvolvemento. O enfoque no marco lóxico. A cuestión de xénero.

1. Obxectivos.

Consegui-la formación necesaria do persoal para o desenvolvemento do seu traballo.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Administración autonómica.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades directamente relacionadas co contido do curso, atendendo en todo caso ós criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución da EGAP do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 17, 18, 19, 20, 24, 25, 26 e 27 de novembro.

4.3. Horarios:das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

O ciclo de xestión dos proxectos de desenvolvemento, a identificación e deseño. Matriz de planificación. Seguimento e execución: elaboración de informes. Avaliación. A participación dos beneficiarios no proxecto. A viabilidade dos proxectos e o seu desenvolvemento sustentable.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior (rúa dos Feáns, nº 5 baixo, 15706 Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: xestión de taxas e prezos (3 edicións).

1. Obxectivos.

Obter unha xestión eficaz e eficiente das taxas e prezos esixibles no ámbito da Administración da Xunta de Galicia con aplicación de criterios uniformes.

2. Destinatarios.

Todo o persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia que realice tarefas relacionadas coa xestión de taxas e/ou prezos.

3. Criterios de selección.

A selección determinarase pola relación do posto de traballo co contido do curso, circunstancia que deberá ser convenientemente acreditada consonte co disposto no punto 6.2.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña: 20, 21, 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de outubro; Vigo: 27, 28, 29 e 30 de outubro; 3, 4, 5 e 6 de novembro; Santiago de Compostela: 3, 4, 5, 6, 10, 11, 12 e 13 de novembro.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.5. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Instrumentos regulados na Lei de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. Fixación dos instrumentos. Taxas e prezos. Réxime xurídico. Conceptos e principios. Procedementos de xestión das taxas e dos prezos: liquidación e ingreso. Procedemento xeral: autoliquidación. Liquidacións de oficio. Recursos e suspensión. Procedemento de recadación. Devolución de ingresos indebidos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Tributos e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou nos das súas delegacións territoriais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Deberase xustificar que o solicitante desenvolve no seu posto de traballo tarefas relacionadas coa materia de taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante certificado asinado polo órgano competente en materia de persoal do centro de traballo no que estea destinado.

* Curso: procedemento sancionador tributario.

1. Obxectivos.

Revisa-lo procedemento tributario sancionador á luz da máis recente xurisprudencia.

2. Destinatarios.

Persoal da Consellería de Economía e Facenda, especialmente funcionarios da escala de finanzas.

3. Criterios de selección.

A selección determinarase pola relación do posto de traballo co contido do curso, circunstancia que deberá ser convenientemente acreditada consonte co disposto no punto 6.2.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 18 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela: 31 de marzo; 1, 2, 3, 7 e 8 de abril.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.5. Prazas: 20.

5. Contido.

Infraccións tributarias: definición, elementos configuradores, elemento subxectivo, clases. Sancións tributarias: definición, clases, criterios de graduación. Procedemento tributario sancionador: inicio, tramitación, resolución, órganos competentes. Execución das sancións. Extinción.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Tributos e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou nos das súas delegacións territoriais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Deberase xustificar que o solicitante desenvolve no seu posto de traballo tarefas relacionadas coa materia do curso, mediante certificado asinado polo órgano competente en materia de persoal do centro de traballo no que estea destinado.

* Curso: control de axudas públicas.

1. Obxectivos.

Forma-los funcionarios nos sistemas de control de axudas e subvencións públicas, en especial no relativo a súa incidencia da planificación económica e a programación dos fondos comunitarios.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Terá preferencia o persoal que desempeñe no seu traballo tarefas relacionadas co obxecto do curso, o cal deberá certificarse polo responsable do departamento no que estea destinado.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 5, 6, 7, 8, 9, 12, 13, 14, 15 e 16 de maio.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Normativa legal que afecta ó control das axudas públicas. O ciclo da xestión das subvencións e a súa influencia sobre o control. As axudas procedentes de fondos europeos e o seu control. Metodoloxía aplicable ó control de subvencións. Unha experiencia práctica sobre o control das subvencións. A auditoría: unha técnica aplicable á revisión das subvencións.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios (Subdirección Xeral de Planificación Económica) e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou nos das súas delegacións territoriais, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: fondos estructurais comunitarios (2 edicións).

1. Obxectivos.

Dar a coñece-los mecanismos comunitarios de aplicación de políticas de axuste estructural, así como os seus instrumentos de xestión, logo da aprobación da nova normativa dos fondos estructurais da Unión Europea para o período 2000-2006, así como afondar na súa incidencia na programación económica da Xunta de Galicia.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C, e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Terá preferencia o persoal que desempeñe no seu traballo tarefas relacionadas co obxecto do curso, o cal deberá certificarse polo responsable do departamento no que estea destinado.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 31 de marzo, 1, 2, 3, 4, 7, 8, 9, 10 e 11 de abril (1ª edición); 2, 3, 4, 5, 6, 9, 10, 11, 12 e 13 de xuño (2ª edición).

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

A normativa comunitaria. A política rexional e os novos regulamentos dos fondos estructurais comunitarios. O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O Fondo Social Europeo (FSE). O Instrumento Financeiro de Orientación da Pesca (IFOP). O Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agrícola (FEOGA). O Fondo de Cohesión. A programación económica da Xunta de Galicia e o financiamento comunitario. A negociación dos fondos estructurais nas institucións comunitarias.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios (Subdirección Xeral de Planificación Económica) e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou nos das súas delegacións territoriais, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: vialidade invernal.

1. Obxectivos.

Actualiza-los coñecementos teórico-prácticos sobre as actividades de vialidade invernal que se desenvolvan na rede de estradas da Xunta de Galicia.

2. Destinatarios.

Persoal da Dirección Xeral de Obras Públicas e das delegacións provinciais da CPTOPV, que desenvolve actualmente actividades de vialidade invernal.

3. Criterios de selección.

A selección daralle prioridade ó persoal que dirixe grupos de traballo que desenvolvan actividades de vialidade invernal. En segundo lugar seleccionarase o resto do persoal que desenvolva labores de vialidade invernal. Se quedan prazas libres poderán ser cubertas polo persoal adscrito a labores de conservación e explotación.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugar e datas: Santiago de Compostela, os días 2, 9, 16, 23 e 30 de outubro.

4.3. Horarios:das 16.30 ás 19.30 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Actividades de vialidade invernal. Organización de equipos. Utilización da maquinaria.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Obras Públicas e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: problemática específica dos firmes en Galicia.

1. Obxectivos.

Analiza-las particularidades que se dan en Galicia na construcción de firmes de estradas, en función dos materiais de que se dispón.

2. Destinatarios.

Enxeñeiros de camiños, canles e portos e enxeñeiros de obras públicas adscritos á Dirección Xeral de Obras Públicas e ás delegacións provinciais da CPTOPV.

3. Criterios de selección.

A selección daralle prioridade ó persoal titulado que se especifica. As prazas que non se cubran con este criterio poderán ser ocupadas por persoal adscrito a labores de proxectos, construcción e conservación de estradas.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugar e datas: Santiago de Compostela, os días 3, 5, 10, 12, 17 e 19 de xuño.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Os materiais dispoñibles. Cambios na normativa actual. Novas tecnoloxías aplicadas a firmes. Defectos nas capas de rodadura.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Obras Públicas e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: Lei 17/2001, do 7 de decembro, de marcas.

1. Obxectivos.

Analiza-la adaptación desta nova lei á sociedade da información, as competencias das comunidades

autónomas e a súa harmonización coa comunidade internacional.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario ou laboral da Xunta de Galicia, tendo preferencia os que desenvolven as súas tarefas nas áreas de aplicación da lei.

3. Criterios de selección.

Procurando un reparto territorial equilibrado entre servicios centrais e periféricos, como entre departamentos, respectaranse en todo caso os criterios de selección propios da EGAP.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 4 e 5 de xuño.

4.3. Horarios: das 9.30 ás 14 horas e das 16 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Concepto de marca e novidades da nova lei. Regulamentación do nome comercial, rótulo de establecemento e da competencia desleal, fases do ciclo de vida dunha marca, desde a solicitude no rexistro ata a súa renuncia, nulidade o caducidade. Dereitos e deberes do uso das marcas. Competencias que en materia de propiedade industrial lles corresponden ás comunidades autónomas e ó Estado. O sistema de marca comunitaria: situación actual e perspectivas futuras.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería, ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

* Curso: Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servicios da sociedade da información e comercio electrónico.

1. Obxectivos.

Establece-las implicacións xurídicas que supuxo a entrada en vigor da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servicios da sociedade da información e comercio electrónico, así como obter información práctica sobre os distintos aspectos relacionados coas materias obxecto desta lei.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, tendo preferencia os que desenvolven as súas tarefas nas áreas de aplicación da lei.

3. Criterios de selección.

Procurando un reparto territorial equilibrado entre servicios centrais e periféricos, como entre departamentos, respectaranse en todo caso os criterios de selección propios da EGAP.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 15 e 16 de outubro.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 19.30 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

A nova regularización do comercio electrónico na Internet. Marco xurídico e legal das transaccións de comercio electrónico. A Directiva 2000/31/CE como marco xurídico da Lei de comercio electrónico. Implicacións da contratación electrónica. Obrigas e responsabilidade dos axentes que interveñen. Responsabilidades en caso de incumprimento da lei.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería, ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

* Curso: regulamento electrotécnico de baixa tensión.

1. Obxectivos.

Especialización no regulamento electrotécnico para baixa tensión.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario ou laboral da Xunta de Galicia, tendo preferencia os que desenvolven as súas tarefas na área de aplicación do regulamento electrotécnico para baixa tensión.

3. Criterios de selección.

Procurando un reparto territorial equilibrado entre servicios centrais e periféricos, respectaranse en todo caso os criterios de selección contidos na resolución da EGAP do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 8 e 9 de maio.

4.3. Horarios: de mañá e tarde.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Antecedentes. Desenvolvemento do regulamento electrotécnico de baixa tensión. A súa aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse ó director xeral de Industria, Enerxía e Minas e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio, ou nos das súa delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

* Curso: regulamentación sobre mercadorías perecedoiras (ATP) e perigosas (ADR).

1. Obxectivos.

Especialización no regulamento en materia de transporte de mercadorías perigosas e mercadorías perecedoiras.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario ou laboral da Xunta de Galicia, tendo preferencia os que desenvolven as súas tarefas na área de aplicación do regulamento sobre transporte de mercadorías perigosas e perecedoiras.

3. Criterios de selección.

Procurando un reparto territorial equilibrado entre servicios centrais e periféricos, respectaranse en todo caso os criterios de selección contidos na resolución da EGAP do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 5 e 6 de xuño.

4.3. Horarios: de mañá e tarde.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

ADR 2001. Estructura e modo operativo co seu novo formato de certificado. Código de cisternas, esixencias alternativas A-A para a construcción de cisternas equivalentes ó ADR, co acordo da autoridade competente. Vehículos ATP. Vehículos de referencia. Ensaios ATP. Documentación. Solicitude. Actuación de organismos de control autorizados. Inspeccións dos vehículos en xeral.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse ó director xeral de Industria, Enerxía e Minas e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio, ou nos das súa delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

* Curso: servicio telemático de consumo.

1. Obxectivos.

Coñece-la oferta de servicios de información, asesoramento e resolución de conflictos a través da rede telemática de consumo e a forma axeitada de utilizala. Coñecer e aprender a utiliza-las bases de datos que recompilan a información en materia de consumo e outros servicios que proporciona o sistema.

2. Destinatarios.

Persoal do Instituto Galego de Consumo que debe coñecer e manexa-lo servicio.

3. Criterios de selección.

Daráselle prioridade ó persoal dependente do Instituto Galego de Consumo que ocupe postos de traballo relacionados co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 25 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 3, 7, 8, 9 e 10 de abril.

4.3. Horarios: día 3: de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Os restantes días: de 16 ás 20.15 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Mecanismos e normas xerais de utilización. Relación dos procesos. Descrición dos procesos. Descrición das bases de datos. Explotación das bases de datos. Mecanización e automatización de denuncias e reclamacións. Portal da Internet de consumo. Servicios engadidos: correo electrónico, foros, push, axenda, hemeroteca, certificados dixitais.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Xerencia do Instituto Galego de Consumo e presentaranse no seu rexistro xeral ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

* Curso: a seguridade informática nas aplicacións do sistema integrado de xestión (SIX) de fondos FEOGA-Garantía (2 edicións).

1. Obxectivos.

Darlle unha formación axeitada ós xestores de fondos FEOGA-Garantía, sobre a seguridade no uso das ferramentas informáticas, de acordo coas esixencias das directrices da Comisión Europea na materia.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración autonómica, tanto de servicios centrais como periféricos, que utilicen aplicacións do sistema integrado de xestión de fondos FEOGA-Garantía.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade o persoal que utilice máis directamente as aplicacións do sistema integrado.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 21 e 22 de abril (1ª edición) ; os días 12 e 13 de maio (2ª edición).

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

O Sistema Integrado de Xestión (SIX). Normativa comunitaria sobre seguridade informática. Manuais de procedemento en seguridade informática. Organización dos servicios informáticos. Aplicación práctica.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) e presentaranse no rexistro xeral do dito organismo, ou no da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, ou nos das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: actualización da actividade inspectora en materia de nutrición animal (2 edicións).

1. Obxectivos.

Actualiza-los coñecementos do persoal encargado da inspección en materia de alimentación animal.

2. Destinatarios.

Veterinarios da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os veterinarios que traballen en temas de alimentación animal. Subsidiariamente utilizaranse criterios de responsabilidade e antigüidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 19, 20, 21 e 22 de maio (1ª edición) e os días 6, 7, 8 e 9 de outubro (2ª edición).

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.15 horas.

4.4. Prazas: 60 por edición.

5. Contido.

A nutrición animal, desde o punto de vista da tecnoloxía e as inspeccións. Aditivos, materias primas, e controis en fábricas de penso e fábricas de penso medicamentoso.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: o proceso de concentración parcelaria.

1. Obxectivos.

Facilita-las actuacións do persoal técnico e xurídico que leva a cabo o desenvolvemento das distintas fases do proceso de concentración parcelaria, unificando criterios de actuación en toda a Comunidade Autónoma.

2. Destinatarios.

Persoal da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural que interveñen no proceso de concentración parcelaria.

3. Criterios de selección.

Terá prioridade o persoal técnico e xurídico que interveñen directamente no proceso de concentración.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 21, 22, 23, 24 e 25 de abril.

4.3. Horarios: das 16 ás 20 horas de luns a xoves, e de 10 a 14 horas o venres.

4.4. Prazas: 60.

5. Contido.

Cambios introducidos no desenvolvemento do proceso concentrador pola modificación da Lei de concentración parcelaria de Galicia. O proceso de concentración parcelaria. O estudio de impacto ambiental. O punto de vista do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación co proceso de concentración parcelaria.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, ou no das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

* Curso: o procedemento sancionador e o de concesión de axudas no sector agroindustrial.

1. Obxectivos.

Formar e perfecciona-lo persoal no coñecemento da normativa do procedemento sancionador e de concesión de axudas no sector agroindustrial.

2. Destinatarios.

Persoal técnico da Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os funcionarios que desempeñen funcións relacionadas co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 25 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, durante os meses de maio e xuño.

4.3. Horarios: os xoves de 16 a 19 horas e os venres de 9 a 14 horas e de 16 a 18 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Normativa aplicable. O procedemento sancionador. O procedemento de concesión de axudas. Casos prácticos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, ou no das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento común.

* Curso: encefalopatías transmisibles. Tipos e normativa (2 edicións).

1. Obxectivos.

Actualiza-los coñecementos do persoal encargado da execución do Plan Nacional de Control e Vixilancia das EET sobre este grupo de enfermidades, tanto na súa parte técnica como legal.

2. Destinatarios.

Veterinarios da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os veterinarios que traballen en temas de encefalopatías e non fixeran o curso do ano 2001. Subsidiariamente utilizaranse criterios de responsabilidade e antigüidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 2, 3 e 4 de xuño e Laboratorio de Sanidade e Producción Animal de Lugo, o día 5 de xuño (1ª edición); EGAP, os días 20, 21 e 22 de outubro e Laboratorio de Sanidade e Producción Animal de Lugo o día 23 de outubro (2ª edición).

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20 horas na EGAP e das 16.30 ás 21 horas en Lugo.

4.4. Prazas: 60 por edición.

5. Contido.

As encefalopatías transmisibles: historia, tipos, etioloxía, patoxenia, sintomatoloxía e epidemioloxía das EET. Evolución da enfermidade. Plan Nacional de Control e Vixilancia das EET. Normativa aplicable. Actuación en casos de sospeitosos. Tramitación de expedientes de indemnización. Recollida de mostras e envío ó laboratorio. Probas rápidas de detección. Medidas de seguridade nas EET.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, ou no das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei

30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento común.

* Curso: xestión informática das axudas estructurais (3 edicións).

1. Obxectivos.

Darlle unha información adecuada ós xestores de axudas estructurais con cargo ó Real decreto 613/2001, dentro da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, tanto nos servicios centrais como dos provinciais e das oficinas agrarias comarcais, para que poidan aproveitar tódalas utilidades da aplicación informática de xestión.

2. Destinatarios.

Persoal da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e do FOGGA que xestione axudas do Real decreto 613/2001.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os funcionarios que xestionen directamente as axudas.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 8, 9, 15 e 16 de setembro (1ª edición); os días 22, 23, 24 e 30 de setembro (2ª edición); os días 6, 7, 13 e 14 de outubro (3ª edición).

4.3. Horarios: das 10 ás 15 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Elaboración dos estudios económicos. Ficheiros de consultas. Revisión de expedientes. Certificación de investimentos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: deseño e tratamento estatístico de ensaios.

1. Obxectivos.

Forma-los técnicos que realicen ensaios de experimentación, na formulación, posta en campo, toma de datos, interpretación e a súa análise.

2. Destinatarios.

Persoal técnico da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural que participa na realización de campos experimentais.

3. Criterios de selección.

Terá prioridade o persoal que intervén nos grupos de traballo das distintas áreas do programa de experimentación agraria, do Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, os días 5, 6, 7, 8 e 9 de maio.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Principios da experimentación. Fins e condicións dunha experiencia. Principios básicos do deseño de experimentos. O erro experimental. Planificación, preparación e realización de ensaios. Protocolos, seguimento e toma de datos. Tratamento e interpretación de datos. Divulgación. Campos de demostración. A estatística aplicada ós ensaios agrícolas. Paquetes informáticos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 28 de marzo.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse ó Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, no das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: iniciación á auditoría interna FEOGA-Garantía.

1. Obxectivos.

Dota-los asistentes dunha formación básica sobre auditoría interna.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración autonómica, dos grupos A e B, relacionados coa tramitación de axudas FEOGA-Garantía.

3. Criterios de selección.

Terá prioridade o persoal que interveña máis directamente na xestión de ditas axudas.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 28 e 29 de abril.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

A auditoría interna nos organismos pagadores FEOGA-Garantía. Clases de auditorías. Contido. Procedemento.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) e presentaranse no rexistro xeral do dito organismo, no da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: os controis nas axudas baseadas en superficies.

1. Obxectivos.

Proporcionar unha formación axeitada ó persoal da Administración autonómica sobre a utilización de GPS e dos sistemas de información xeográfica na realización dos controis das axudas baseadas en superficies.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración autonómica, tanto de servicios centrais como periféricos, que controle axudas baseadas en superficies.

3. Criterios de selección.

Terá prioridade o persoal que leve un control máis directo nas ditas axudas.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 14 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 5 e 6 de maio.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Axudas baseadas en superficies. Normativa comunitaria. O sistema integrado de xestión e control. Normativa estatal e autonómica. Os sistemas de identificación xeográfica. O SIXPAC. A utilización de equipos GPS para as medicións de superficies.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) e presentaranse no rexistro xeral do dito organismo, no da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: aspectos medioambientais relacionados coas axudas estructurais.

1. Obxectivos.

Darlle unha información adecuada ós xestores de axudas estructurais con cargo ó Real decreto 613/2001, do impacto ambiental que poden dar lugar os investimentos realizados ó amparo de devandito real decreto, así como a normativa mediombiental comunitaria, estatal e autonómica que lles pode afectar.

2. Destinatarios.

Persoal da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e do FOGGA que xestione axudas do Real decreto 613/2001.

3. Criterios de selección.

Terá prioridade o persoal que xestione directamente as axudas.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 40 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 6, 7, 8, 13, 14, 15, 20 e 21 de outubro.

4.3. Horarios: das 10 ás 15 horas.

4.4. Prazas: 40.

5. Contido.

Normativa vixente. Criterios sectoriais: estudio do medio físico patrimonio cultural, paisaxismo, etc. Situación actual. Problemática e perspectiva.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: o programa de inspección en sanidade animal en Galicia (2 edicións).

1. Obxectivos.

Actualiza-los coñecementos do persoal encargado da inspección en materia de sanidade animal.

2. Destinatarios.

Veterinarios da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os veterinarios que traballen en temas de sanidade animal. Subsidiariamente utilizaranse criterios de responsabilidade e antigüidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 28, 29 e 30 de abril e 5, 6 e 7 de maio (1ª edición); e os días 15,16, 17, 22, 23 e 24 de setembro (2ª edición).

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 50 por edición.

5. Contido.

Programas sanitarios do gando porcino, bovino, ovino-cabrún, equino e avícola. Programas sanitarios noutras produccións gandeiras. Novidades para o bienio 2003-2004. Enfermidades emerxentes.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: fomento do patrimonio cultural.

1. Obxectivos.

Formación do persoal da Xunta de Galicia na sistemática e metodoloxía de alternativas á conservación e posta en valor do patrimonio cultural de Galicia.

2. Destinatarios.

Funcionarios e persoal laboral da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Dáselle preferencia ó persoal directamente relacionado co fomento do patrimonio cultural.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugar e datas: Centro Galego de Arte Contemporánea, os días 7, 8 e 9 de maio.

4.3. Horarios: mércores e xoves das 9 ás 14 horas e das 16 ás 19 horas e venres das 9 ás 14 horas.

4.4. Prazas: 50.

5. Contido.

Falsificación de obras de arte. Comercio de bens mobles. Taxación. Entidades sen ánimo de lucro. Mecenado. Medidas fiscais. Xestión privada no patrimonio.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e presentaranse no seu rexistro, no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, nas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: protección do patrimonio cultural.

1. Obxectivos.

Afondar na formación do persoal especializado no patrimonio cultural, así como dotar de ferramentas necesarias as persoas que queiran iniciarse na temática.

2. Destinatarios.

Funcionarios e persoal laboral da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Darase preferencia ó persoal directamente relacionado coa protección do patrimonio cultural.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugar e datas: Centro de Arte Contemporánea, os días 1, 2, 3, 8, 9, 10 e 11 de abril.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Lexislación do patrimonio cultural. Patrimonio arquitectónico. Patrimonio arqueolóxico. Patrimonio moble. Patrimonio etnográfico e documental. Urbanismo e planeamento. Aspectos xudiciais da protección dos bens culturais.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e presentaranse no seu rexistro, no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, nas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: planificación e xestión de recursos turísticos.

1. Obxectivos.

Ofrece-los coñecementos teóricos e prácticos necesarios para mellorar nas actividades de ordenación, xestión, inspección e promoción dos recursos e actividades turísticas.

2. Destinatarios.

Funcionarios e persoal laboral das oficinas e servicios de turismo da Xunta e demais vinculados á xestión, conservación e inspección de recursos -patrimonio cultural e natural- susceptibles de valorización turística.

3. Criterios de selección

Daráselle preferencia ó persoal que traballe actualmente en ámbitos directamente relacionados co sector turístico.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 1, 2, 3, 7 e 9 de abril.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 18 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Lexislación e ordenación do turismo. Política turística da Administración do Estado (PICTE 2000-2006) e de Galicia. Estructura administrativa competente en materia turística nos tres niveis: estatal, rexional e local. Tendencias actuais do turismo e principais productos turísticos de Galicia. Principais conceptos sobre planificación, desenvolvemento turístico sustentable e interpretación do patrimonio como técnica de valorización de recursos; aplicación a proxectos concretos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Turismo, e presentaranse no seu rexistro, no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo ou en calquera das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: anatomía patolóxica aplicada ó diagnóstico de matadoiros.

1. Obxectivos.

Reciclaxe-repaso das lesións anatomopatolóxicas principais, sobre todo aquelas que se presentan esporadicamente, dada a toma de decisións inmediata que hai que realizar ó respecto.

2. Destinatarios.

Veterinarios funcionarios/interinos da Consellería de Sanidade.

3. Criterios de selección.

Terán carácter preferente os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co contido básico e obxectivos do curso, rexendo como segundo criterio de selección os profesionais destinatarios que, cumprindo os requisitos anteriores, presten os seus servicios na Administración autonómica con praza en propiedade ou con vínculo temporal de duración superior a un ano.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: Lugo, os días 3 e 4 de xuño.

4.3. Horarios: das 9 ás 15 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Diagnóstico diferencial de lesións aparentemente semellantes. Patoloxías máis frecuentes e as súas lesións anatomopatolóxicas. Remisión de mostras ó laboratorio: cándo é necesario, qué mostra recoller e cómo e ónde enviala.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse ós Servicios Veterinarios Oficiais de Saúde Pública. Zona de Lugo. Ronda de Fingoi, nº 170, Lugo, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: diferenciación de especies de peixe e cogomelos.

1. Obxectivos.

Distinguir entre a gran diversidade de especies de moluscos e peixes, que hoxe existen no mercado debido ó aumento de importacións, co fin de realizar unha correcta inspección dos establecementos onde se comercializan estes productos á hora de levar a cabo alertas alimentarias, intervención de productos, etc. Distinguir diferentes especies de cogomelos que se atopan habitualmente nos mercados, prazas de abastos e froiterías en concepto de venda a granel.

2. Destinatarios.

Veterinarios funcionarios/interinos da Consellería de Sanidade.

3. Criterios de selección.

Terán carácter preferente os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co contido básico e obxectivos do curso, rexendo como segundo criterio de selección os profesionais destinatarios que, cumprindo os requisitos anteriores, presten os seus servicios na Administración autonómica con praza en propiedade ou con vínculo temporal de duración superior a un ano.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugar e datas: Lugo, os días 20, 21, 22, 23 e 24 de xuño.

4.3. Horarios: das 11 ás 14 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Relación das principais especies de peixes e cogomelos e a súa diferenciación. Dictame organoléptico de salubridade do peixe. Realización dunha xornada nunha lonxa da provincia.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse ós Servicios Veterinarios Oficiais de Saúde Pública. Zona de Lugo. Ronda de Fingoi, nº 170, Lugo, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: V curso para o recoñecemento de especies, artes e instalacións obxecto de procedementos administrativos a instancia de parte.

1. Obxectivos.

Formación do persoal da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos no recoñecemento das especies, artes e instalacións do mundo da pesca e da acuicultura que son obxecto do seu traballo.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario e laboral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

3. Criterios de selección.

A selección efectuarase segundo a maior antigüidade na Administración, circunstancia que deberá ser certificada polo servicio de persoal da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. De producirse

empate na puntuación entre dous ou máis aspirantes e se non houbera prazas para todos, a selección resolveríase mediante sorteo entre os afectados.

Absteranse de solicita-lo curso os seleccionados en edicións anteriores.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: Centro de Control do Medio Mariño. Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), os días 6, 7, 8, 9 e 10 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 55.

5. Contido.

Coñecemento das especies obxecto de explotación na pesca, no marisqueo e na acuicultura en Galicia, con especial referencia ás vedas e tamaños mínimos de comercialización. Artes e aparellos autorizados en Galicia. As embarcacións de pesca e auxiliares na acuicultura: límites do exercicio na actividade da pesca. Permisos de explotación. Plans de explotación. Alternancia de artes. A acuicultura. As súas instalacións. A lexislación aplicable. Os procedementos administrativos por instancia de parte en materia de acuicultura.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse ó secretario xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, e presentarse no seu rexistro xeral, ou en calquera das súas delegacións territoriais, así como de conformidade co disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: procedementos estatísticos utilizando MINITAB.

1. Obxectivos.

Formación do persoal de laboratorios da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos na utilización do programa estatístico MINITAB.

2. Destinatarios.

Licenciados e oficiais de laboratorio do Centro de Control de Medio Mariño (CCMM). Licenciados do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA). Outro persoal da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

3. Criterios de selección.

A selección efectuarase entre o persoal destinatario que estea desenvolvendo actividades en relación directa co contido do curso, preferentemente, segundo a orde prevista no parágrafo anterior.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: Centro de Control do Medio Mariño. Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), os días 27, 28, 29, 30 e 31 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Coñecemento e aplicación práctica dos procedementos estatísticos habitualmente empregados nos laboratorios dos centros de investigación dependentes da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos utilizando o programa MINITAB. Avaliación das súas posibilidades e resolución de casos prácticos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e presentarse no seu rexistro xeral, ou en calquera das súas delegacións territoriais, así como de conformidade co disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: procedemento sancionador na materia de establecementos e espectáculos públicos.

1. Obxectivos.

Profundar nos aspectos máis problemáticos do procedemento sancionador con especial referencia ás infraccións na materia de establecementos e espectáculos públicos.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B, C, D e persoal laboral dos grupos I, II, III e IV da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Preferentemente persoal que no desempeño do seu posto de traballo realice funcións relacionadas cos obxectivos do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 5, 6, 7, 8, 13, 14 e 15 de maio.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Procedemento administrativo sancionador. As actas e a presunción de veracidade. A proba. A responsabilidade. A sanción. Caducidade e prescrición. As notificacións.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta, 15771 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: normativa sobre colexios profesionais.

1. Obxectivos.

Profundar no coñecemento da lexislación en materia de colexios profesionais e exercicio de profesións colexiadas.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B, C, D e persoal laboral dos grupos I, II, III e IV da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Preferentemente persoal adscrito ós departamentos con competencia de actuación en materia da Administración de xustiza.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: Santiago de Compostela, de setembro a outubro.

4.3. Horarios: das 17 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Normativa estatal básica sobre colexios profesionais. Normativa sobre exercicio de profesións tituladas. Competencias autonómicas na materia, colexios profesionais e exercicio de profesións colexiadas. Problemática respecto das novas titulacións. Constitución de colexios profesionais. Aprobación de estatutos. Consellos galegos de colexios profesionais. Rexistro de colexios profesionais e consellos de colexios.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, praza de Europa, 5 A-4ª, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: eido local.

1. Obxectivos.

Dota-lo persoal destinatario dos cursos da formación necesaria para o manexo e coñecemento do novo instrumento de traballo que permitirá mellora-la xestión diaria da actuación administrativa propia do traballo que deben desenvolver.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B, C e D e persoal laboral dos grupos I, II, III e IV da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Preferentemente persoal da Dirección Xeral de Administración Local.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 1, 2, 6, 7, 8, 9, 13, 14, 15 e 16 de outubro.

4.3. Horarios: das 17 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 15.

5. Contido.

Utilización do portal eido local.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Administración Local, praza de Europa, 5 A-4ª, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: práctico de antropoloxía forense.

1. Obxectivos.

Familiariza-lo médico forense coas técnicas básicas de antropoloxía.

2. Destinatarios.

Médicos forenses en activo destinados na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os médicos forenses titulares en activo destinados na Comunidade Autónoma de Galicia respecto ós interinos.

Número de cursos de carácter descentralizado ós que asistira nos anos 2000, 2001 e 2002, tendo preferencia aqueles que participaran nun número inferior de actividades.

Posto na escala do peticionario, no momento de efectua-la solicitude, que se valorará entre os que se atopen en idénticas condicións respecto do punto anterior, dando prioridade, segundo a propia orde da escala, nun 50% ós mais antigos e no 50% restante ós de máis recente ingreso no corpo correspondente.

Orde de preferencia nos cursos manifestado polo solicitante.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: Santiago de Compostela, xuño. As datas daranse a coñecer a partir do mes de abril, chamando a Dirección Xeral de Xustiza.

4.3. Horarios: das 17 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

O levantamento da antropoloxía forense. Técnicas para determina-lo diagnóstico de especie e individual en restos óseos. Limitacións de técnicas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, praza de Europa, 5 A-4ª, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: reforma procesual penal: xuízos rápidos (18 edicións).

1. Obxectivos.

Análise da reforma da Lei de axuizamento criminal sobre os xuízos rápidos, incidindo nos seus aspectos prácticos.

2. Destinatarios.

Médicos forenses, oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os funcionarios titulares en servicio activo en Galicia respecto ós interinos que estean traballando na data de inicio do curso nela, destinados nos xulgados de instrucción, xulgados de primeira instancia e instrucción, xulgados do penal e resto dos órganos xudiciais.

Número de cursos de carácter descentralizado ós que asistira nos anos 2000, 2001 e 2002, tendo preferencia aqueles que participaran nun número inferior de actividades.

Posto na escala do peticionario, no momento de efectua-la solicitude, que se valorará entre os que se atopen en idénticas condicións respecto do punto anterior, dando prioridade, segundo a propia orde da escala, nun 50% ós máis antigos e no 50% restante ós de máis recente ingreso no corpo correspondente.

Orde de preferencia nos cursos manifestada polo solicitante.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña (4 edicións), Santiago de Compostela (2 edicións), Ferrol (1 edición), Ourense (3 edicións), Pontevedra (3 edicións) e Vigo (3 edicións), abril, maio e xuño. As datas daranse a coñecer a partir do mes de abril, chamando a Dirección Xeral de Xustiza.

4.3. Horarios: das 17 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Cuestións xerais. Procedemento ordinario. Dilixencias previas. Procedemento abreviado. Xuízos rápidos. Xuízos de faltas. Actuacións no xulgado de garda.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, praza de Europa, 5 A-4ª, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: últimos avances na intoxicación toxicolóxica: mostras e técnicas analíticas.

1. Obxectivos.

Proporcionarlles ós médicos forenses os coñecementos necesarios para a discriminación das mostras biolóxicas.

2. Destinatarios.

Médicos forenses en activo destinados na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os médicos forenses titulares en activo destinados na Comunidade Autónoma de Galicia respecto ós interinos.

Número de cursos de carácter descentralizado ós que asistira nos anos 2000, 2001 e 2002, tendo preferencia aqueles que participaran nun número inferior de actividades.

Posto na escala do peticionario, no momento de efectua-la solicitude, que se valorará entre os que se atopen en idénticas condicións respecto do punto anterior, dando prioridade, segundo a propia orde da escala, nun 50% ós máis antigos e no 50% restante ós de máis recente ingreso no corpo correspondente.

Orde de preferencia nos cursos manifestada polo solicitante

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: Santiago de Compostela, xuño. As datas daranse a coñecer a partir do mes de abril, chamando á Dirección Xeral de Xustiza.

4.3. Horarios: das 17 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Protocolización de recollida e envío de mostras. Fundamentos de técnicas analíticas. Interpretación de resultados.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, praza de Europa, 5 A-4ª, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: habilidades de relación e atención ó público (2 edicións).

1. Obxectivos.

Desenvolver pautas eficaces e satisfactorias de comportamento ante o público, tanto en presencia como por teléfono.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos corpos de persoal ó servicio da Administración de Xustiza.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os funcionarios titulares en servicio activo en Galicia respecto ós interinos que estean traballando na data de inicio do curso nela, destinados nos xulgados de primeira instancia e instrucción, xulgados de primeira instancia, xulgados de instrucción, xulgados do social, xulgados do penal, xulgados do contencioso-administrativo, xulgados de paz, fiscalías, audiencias provinciais e Tribunal Superior de Xustiza.

Número de cursos de carácter descentralizado ós que asistira nos anos 2000, 2001 e 2002, tendo preferencia aqueles que participaran nun número inferior de actividades.

Posto na escala do peticionario, no momento de efectua-la solicitude, que se valorará entre os que se atopen en idénticas condicións respecto do punto anterior, dando prioridade, segundo a propia orde do escala, nun 50% ós máis antigos e no 50% restante ós de máis recente ingreso no corpo correspondente.

Orde de preferencia nos cursos manifestado polo solicitante.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña, os días 5, 6, 7, e 8 de maio e Vigo, os días 12, 13, 14 e 15 de maio.

4.3. Horarios: das 17 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

O momento da acollida. Os espacios na relación. Importancia do clima na atención. Suposto básico que dificulta as relacións. A imaxe e os seus condicionamentos. Os esquemas mentais que dificultan as relacións e a solución dos problemas. A comunicación e a escoita, especialmente en situacións difíciles.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, praza de Europa, 5 A-4ª, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: formación avanzada dos sistemas informáticos dos xulgados de instrucción (7 edicións).

1. Obxectivos.

Mellorar e actualiza-lo coñecemento técnico-funcional das aplicacións informáticas por parte dos seus usuarios finais. Con especial atención á explotación estatística dos datos.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos corpos de persoal ó servicio da Administración de Xustiza.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os funcionarios titulares en servicio activo en Galicia respecto ós interinos que estean traballando na data de inicio do curso nela, destinados nos xulgados de instrucción, xulgados de primeira instancia e instrucción, e resto dos órganos xudiciais.

Número de cursos de carácter descentralizado ós que asistira nos anos 2000, 2001 e 2002, tendo preferencia aqueles que participaran nun número inferior de actividades.

Posto na escala do peticionario, no momento de efectua-la solicitude, que se valorará entre os que se atopen en idénticas condicións respecto do punto anterior, dando prioridade, segundo a propia orde do escala, nun 50% ós máis antigos e no 50% restante ós de máis recente ingreso no corpo correspondente.

Orde de preferencia nos cursos manifestada polo solicitante.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, abril, maio e xuño. As datas daranse a coñecer a partir do mes de abril, chamando á Dirección Xeral de Xustiza.

4.3. Horarios: das 17 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 15 por edición.

5. Contido.

Rexistro integral de procedementos, aplicación con e sen decanato. Integración informática das normas de reparto. Contas de consulta ó decanato desde a unidade operativa. Rexistro de escritos. Aceptación e incoación dos procedementos pola unidade operativa. Actualización de datos nos procedementos. Actualización de datos dos intervenientes: litigantes rebeldes, litigantes con asistencia xurídica gratuíta, peritos, testemuñas, etc. Actualización de datos xerais, transformación, acumulación e agregación de novas cargas. Tramitación funcionalidades avanzadas: tramitación simultánea de varios procedementos, encadeado manual de documentos, notificacións múltiples, tramitación guiada, etc. Mantemento de libros de rexistro e axenda. Informe e estatísticas. Administración de contas de usuario.

Normas sobre seguridade dos arquivos xudiciais. Copias de seguridade. Actualización de datos nos procedementos: actualización de datos dos intervenientes e testemuñas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, praza de Europa, 5 A-4ª, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: formación avanzada dos sistemas informáticos dos xulgados de primeira instancia (7 edicións).

1. Obxectivos.

Mellorar e actualiza-lo coñecemento técnico-funcional das aplicacións informáticas por parte dos seus usuarios finais, con especial atención á explotación estatística dos datos.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos corpos de persoal ó servicio da Administración de Xustiza.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os funcionarios titulares en servicio activo en Galicia respecto ós interinos que estean traballando na data de inicio do curso nela, destinados nos xulgados de primeira instancia, xulgados de primeira instancia e instrucción, e resto dos órganos xudiciais.

Número de cursos de carácter descentralizado ós que asistira nos anos 2000, 2001 e 2002, tendo preferencia aqueles que participaran nun número inferior de actividades.

Posto na escala do peticionario, no momento de efectua-la solicitude, que se valorará entre os que se atopen en idénticas condicións respecto do punto anterior, dando prioridade, segundo a propia orde do escala, nun 50% ós máis antigos e no 50% restante ós de máis recente ingreso no corpo correspondente.

Orde de preferencia nos cursos manifestado polo solicitante.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, setembro a outubro. As datas daranse a coñecer a partir do mes de abril, chamando á Dirección Xeral de Xustiza.

4.3. Horarios: das 17 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 15 por edición.

5. Contido.

Rexistro integral de procedementos, aplicación con e sen decanato. Integración informática das normas de reparto. Contas de consulta ó decanato desde a unidade operativa. Rexistro de escritos. Aceptación e incoación dos procedementos pola unidade operativa. Actualización de datos dos intervenientes: litigantes rebeldes, litigantes con asistencia xurídica gratuíta, peritos, testemuñas, etc. Tramitación funcionalidades avanzadas: tramitación simultánea de varios procedementos, encadeado manual de documentos, notificacións múltiples, tramitación guiada, etc. Mantemento de libros de rexistro e axenda. Informe e estatísticas. Administración de contas de usuario. Normas sobre seguridade dos arquivos xudiciais. Copias de seguridade.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, praza de Europa, 5 A-4ª, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: programación didáctica de xornadas de información e orientación á xuventude desde os Servicios de Información Xuvenil.

1. Obxectivos.

Proporcionarlles ás persoas que traballan na Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, uns coñecementos teórico-prácticos para organizar, programar ou deseñar xornadas informativas dirixidas á mocidade do seu ámbito de actuación.

2. Destinatarios.

Persoal da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, e da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e en función dos efectivos de cada categoría da dirección xeral e de cada delegación provincial.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, praza do Matadoiro, Santiago de Compostela, os días 21, 22, 23 e 24 de outubro.

4.3. Horarios: das 9.30 ás 14.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

A programación (Obxectivos. Contidos. Métodos. Actividades. Recursos materiais e medios didácticos. Avaliación) no ámbito da xuventude. Dinámica de grupos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será ata o día 30 de setembro.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: marco teórico-legal en materia de igualdade de oportunidades.

1. Obxectivos.

Achegar ó traballo cotián os contidos referentes á igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como contidos transversais.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Daráselle prioridade ó persoal que ocupe postos de traballo relacionados co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 40 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 2, 3, 4, 5 e 6 de xuño.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Ámbito internacional: a declaración universal dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas. Ámbito europeo: estratexia marco-comunitaria sobre a igualdade entre mulleres e homes 2001-2005. Ámbito nacional: plans de igualdade. Ámbito autonómico: IV Plan de Igualdade de Oportunidades das Mulleres Galegas. Lei galega para a igualdade de mulleres e homes.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ou curso dirixiranse ó Servicio Galego de Igualdade e presentaranse no seu rexistro xeral, no da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a intervención psicoterapéutica en centros de menores.

1. Obxectivos.

Recoñece-los contextos institucionais. Introducir no control e na sanción, contido educativo. Traballar coas solucións que funcionan. Esquece-las solucións problemáticas.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia que traballe con menores institucionalizados.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os educadores de centros de menores dependentes da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 18, 19 e 20 de xuño.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas ( o último día só horario de mañá).

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Aspectos educativos nos marcos legais de intervención con menores institucionalizados. Os modelos psicoterapéuticos nos contextos institucionais. Modelo sistémico e proxecto educativo de centro. Sistema familiar e institución de menores: as intervencións posibles.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Familia da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado (edificio administrativo San Caetano, 15771 Santiago de Compostela) e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: información e calidade na atención á xuventude desde os Servicios de Información Xuvenil.

1. Obxectivos.

Aumenta-la calidade na prestación de información nas oficinas de información á xuventude.

2. Destinatarios.

Persoal da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia e da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e en función dos efectivos de cada categoría da dirección xeral e de cada delegación provincial.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, praza do Matadoiro, Santiago de Compostela, os días 20, 21, 22 e 23 de maio.

4.3. Horarios: das 9.30 ás 14.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

A información nunha oficina de información xuvenil. A calidade na prestación da información nas OMIX e PIX. Características básicas da xuventude. A relación interpersoal. Elementos da comunicación. As barreiras. Tipos de comunicación. A atención ó público xuvenil. Estratexias. Habilidades sociais.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: traballo da linguaxe músico-vocal a través dos contos.

1. Obxectivos.

Aumenta-lo dominio da expresión corporal e da voz para desenvolve-las capacidades expresivas. Recrear historias baseándose nas propias percepcións para facelas máis reais. Narrar contos como se fosen historias propias. Traballa-la espontaneidade e a capacidade de improvisación como ferramentas cotiás na aula.

2. Destinatarios.

Educadores infantís dos centros infantís dependentes da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

3. Criterios de selección.

Persoal laboral fixo que desempeñe funcións de educador infantil e persoal laboral temporal coas mesmas funcións, terase en conta a antigüidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: A Coruña, os días 20, 21, 27 e 28 de xuño.

4.3. Horarios: das 9 ás 14 horas (os días 21 e 28) e das 16 ás 21 horas (os días 20 e 27).

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

A educación musical na etapa infantil. O proceso de autocoñecemento da voz e do propio corpo. Exercita-la fonación e a desinhibición. Datos para unha boa escolla dos contos: auditorio, narrador, música.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Familia da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, San Caetano 15771, Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: básico de información, orientación e asesoramento á xuventude.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal das casas de xuventude e dos servicios de información xuvenil a nivel teórico-práctico sobre a información e as distintas asesorías que se poden levar a cabo nas oficinas de información xuvenil.

2. Destinatarios.

Persoal da Dirección Xeral de Xuventude e da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e en función dos efectivos de cada categoría da dirección xeral e de cada delegación provincial.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 34 horas.

4.2. Lugar e datas: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, praza do Matadoiro, Santiago de Compostela, os días 16, 17, 18, 22, 23, 24 e 25 de setembro.

4.3. Horarios: das 9.30 ás 14.30 horas.

3.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Estructura e deseño dun Servicio de Información Xuvenil. Recursos e documentos nun Servicio de Información Xuvenil. Introducción e esquema básico da estructura do sistema educativo na súa aplicación nunha Oficina de Información Xuvenil. Axudas e programas para o fomento do emprego xuvenil. A Oficina de Intermediación do Voluntariado Xuvenil. Introducción e esquema básico sobre as axudas para a vivenda destinadas á xuventude. Asociacionismo xuvenil: xestión dunha asociación.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será ata o día 15 de agosto.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a función da escola infantil de 0-3 anos.

1. Obxectivos.

Formaliza-la función da escola infantil na súa especificidade dentro do campo da educación.

2. Destinatarios.

Directores/as dos centros infantís dependentes da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

3. Criterios de selección.

O curso vai destinado a tódolos directores/as dos centros infantís dependentes da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 12, 13 e 14 de xuño.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas (o último día só horario de mañá).

3.4. Prazas: 22.

5. Contido.

As diferentes áreas de xestión que comporta a dirección dun centro. Instrumentos conceptuais necesarios para a dilucidación dos impases da práctica.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Familia da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado (edificio administrativo San Caetano, 15771 Santiago de Compostela) e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: responsabilidade civil do menor na Lei orgánica 5/2000.

1. Obxectivos.

Coñecemento do procedemento establecido nos artigos 61 e 64 sobre a responsabilidade penal do menor e análise da actuación da Administración como responsable subsidiaria.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia que traballe na área de menores.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade o persoal que traballe na intervención con menores infractores.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: Santiago de Compostela, os días 5, 6 e 7 de outubro.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas os días 5 e 6 e das 10 ás 14 horas o día 7.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Ámbito de aplicación e particularidade da responsabilidade civil na Lei orgánica 5/2000. Os responsables civís: autor do dano e responsables solidarios. Procedemento para esixi-la responsabilidade civil. Papel da administración como responsable solidario e as súas consecuencias.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Familia da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, San Caetano, 15771, Santiago de Compostela e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: uso técnico da información meteorolóxica en Galicia: aplicacións á agrometeoroloxía (2 edicións).

1. Obxectivos.

Adquiri-las nocións básicas de meteoroloxía, o funcionamento e utilidade das estacións meteorolóxicas, o uso da predicción meteorolóxica como ferramenta para defini-lo cultivo e, a partir dela establecer parámetros de influencia directa sobre a agricultura.

2. Destinatarios.

Técnicos da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

3. Criterios de selección.

O curso está dirixido a titulados superiores dos corpos especiais (químicos, biólogos, enxeñeiros, etc.) vinculados a centros da Xunta de Galicia relacionados coa agricultura.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 16 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 22 e 23 de abril (1ª edición); 6 e 7 de outubro (2ª edición).

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

Iniciación á meteoroloxía. Estacións meteorolóxicas. Predicción meteorolóxica. Temperatura. Cálculo das horas de frío. Xeadas. Vento. Velocidade do vento dentro da cuberta vexetal. Radiación solar e fotosíntese. Evapotranspiración.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse o Centro de Desenvolvemento Sostible, San Lázaro s/n, Consellería de Medio Ambiente, 15701 Santiago de Compostela.

As instancias, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados e as referencias ós criterios de selección, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: desenvolvemento sustentable e integración ambiental.

1. Obxectivos.

Dar a coñece-lo concepto de desenvolvemento sustentable e o reto que representa para unha Administración autonómica á súa aplicación práctica. Forma-lo persoal no seguimento que se fará da Estratexia Galega de Desenvolvemento Sostible, en particular na integración da variable ambiental nas diferentes políticas sectoriais. Explica-lo papel da autoridade ambiental e a súa participación na avaliación dos criterios ambientais dos fondos europeos. Dar a coñecer a futura avaliación ambiental estratéxica á que deberán someterse os plans e programas elaborados polas consellerías.

2. Destinatarios.

Traballadores dos servicios centrais da Xunta de Galicia das diferentes consellerías.

3. Criterios de selección.

Persoal que participe directamente na Estratexia Galega de Desenvolvemento Sostible.

Persoal da Consellería de Medio Ambiente.

Persoal que estea interesado en formarse nestes temas e participe na definición de plans e programas nas diferentes consellerías.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 15 e 16 de xuño.

4.3. Horarios: das 9 ás 14 horas e das 16 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

O concepto de desenvolvemento sustentable: antecedentes e situación actual. As estratexias de desenvolvemento sustentable: Administración europea, estatal, autonómica e local. A estratexia galega de desenvolvemento sostible. Integración da variable ambiental nas políticas sectoriais. A Autoridade ambiental de Galicia e a avaliación do programa operativo. A estratexia de cambio climático e a implicación das políticas sectoriais. O proceso de transposición da avaliación ambiental estratéxica e as súas implicacións prácticas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Subdirección Xeral de Planificación e Promoción do Desenvolvemento Sostible, Centro de Desenvolvemento Sostible, Consellería de Medio Ambiente, 15781 Santiago de Compostela.

As instancias, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados referentes ós criterios de selección, presentaranse no rexistro da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: prevención e control integrados da contaminación. Aplicación da Lei 16/2002, do 1 de xullo.

1. Obxectivos.

O obxectivo do curso é o de analiza-las características do procedemento administrativo para a concesión da autorización, as modificacións en relación coa lexislación existente, os réximes transitorio e derrogatorio, así como a vixilancia e control por parte da Inspección Ambiental, as responsabilidades e o réxime sancionador.

2. Destinatarios.

Técnicos do ámbito da inspección ambiental da Consellería de Medio Ambiente, así como persoal con funcións de inspección ambiental sectorial.

3. Criterios de selección.

a) Persoal con responsabilidade en inspección ambiental xeral.

b) Persoal con responsabilidade complementaria á inspección xeral.

c) Persoal con responsabilidade en inspección ambiental sectorial.

Este persoal será titulado superior de corpos especiais (químicos, biólogos, enxeñeiros, etc.).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 26, 27 e 28 de maio.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 50.

5. Contido.

Contido de aplicación da Lei 16/2002 (IPPC). A Autorización Ambiental Integrada (AAI). A conexión da AAI con outras autorizacións e informes preceptivos. Coordinación das administracións competentes (autorización verteduras, avaliación de impacto ambiental, plans de emerxencia da Directiva SEVESSO, etc.). Os mecanismos de intervención administrativa IPPC e a licencia municipal de actividades clasificadas. O control integrado da contaminación e as autorizacións substantivas de industrias non liberalizadas. Procedemento de outorgamento das AAI. Modificación e renovación. Impugnacións e recursos. Réxime sancionador. Responsabilidades dos axentes. O portelo único. A experiencia de Cataluña. Caso práctico: Adaptación á Lei de IPPC dunha instalación industrial.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, San Lázaro, s/n, Consellería de Medio Ambiente, 15701, Santiago de Compostela.

As instancias presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: valores límite de emisión e rexistro estatal de emisións e fontes contaminantes.

1. Obxectivos.

Analiza-los procesos de fixación dos valores límite de emisión, facendo especial énfase na aplicación das mellores tecnoloxías dispoñibles, e explica-los requisitos e mecanismos de comunicación de emisións por parte das fontes contaminantes inventariadas.

2. Destinatarios.

Técnicos do ámbito da inspección ambiental da Consellería de Medio Ambiente, así como persoal con funcións de inspección ambiental sectorial.

3. Criterios de selección.

a) Persoal con responsabilidade en inspección ambiental xeral.

b) Persoal con responsabilidade complementaria á inspección xeral.

c) Persoal con responsabilidade en inspección ambiental sectorial.

Este persoal será titulado superior de corpos especiais (químicos, biólogos, enxeñeiros, etc.).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 27, 28 e 29 de outubro.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 50.

5. Contido.

Valores límites de emisión. Inventario estatal de emisións. Mellores técnicas dispoñibles como un instrumento para a fixación dos valores límite de emisión. Estudio pormenorizado do contido técnico dos BREFS. Afeccións da Directiva IPPC noutras directivas posteriores que regulen as emisións das actividades industriais. O inventario europeo de emisións contaminantes (EPER). A información na Lei 16/2002. O sistema EPER en España e a Comunidade Autónoma de Galicia. Caso práctico: adaptación á Lei de IPPC dunha instalación industrial incluída nun sector con BREF aprobado ou terminado.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, San Lázaro, s/n, Consellería de Medio Ambiente, 15701, Santiago de Compostela.

As instancias presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións o en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: certificación da xestión forestal sustentable.

1. Obxectivos.

Forma-los destinatarios nos diferentes sistemas de certificación da xestión forestal sustentable (PEFC e FSC), estudia-los métodos de medición dos diferentes indicadores. Problemática da súa aplicación en Galicia.

2. Destinatarios.

Técnicos do ámbito da xestión forestal da Consellería de Medio Ambiente, así como persoal con funcións en materia de sustentabilidade forestal.

3. Criterios de selección.

A selección daralle prioridade ó persoal con responsabilidade na promoción e posta en marcha deste tipo de sistemas de certificación. As prazas que non se cubran con este criterio poderán ser ocupadas por persoal responsable en labores de xestión forestal sustentable, agás aqueles que asistiran ó curso celebrado no ano 2002.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 12, 13 e 14 de maio.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas (os dous primeiros días) e das 10 ás 14 horas (o último día).

4.4. Prazas: 40.

5. Contido.

Definición de sustentabilidade. Aplicación ós terreos forestais. Normalización e certificación dos sistemas de xestión forestal sustentable. Silvicultura e ordenación de montes. Biodiversidade e conservación da natureza. Certificación forestal dos principais sistemas PEFC e FSC. Criterios e indicadores dos sistemas de certificación en España. As auditorías de certificación. A cadea de custodia. Certificación forestal en Galicia.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: identificación de hábitats da Rede Natura 2000 (4 edicións).

1. Obxectivos.

Saber identifica-los distintos hábitats da Rede Natura 2000 existentes nas catro provincias galegas.

2. Destinatarios.

Técnicos de ambiente e axentes forestais.

3. Criterios de selección.

A selección establecerase nos correspondentes servicios provinciais de Espacios Naturais e Biodiversidade, dándolle prioridade ó persoal destinado en zonas de Rede Natura, por esta orde:

3.1. Técnicos de ambiente.

3.2. Axentes territoriais.

3.3. Gardas maiores de parques naturais.

3.4. Axentes forestais de conservación da natureza.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: Pontevedra, os días 5, 6, 7 e 8 de maio; Santiago de Compostela, os días 12, 13, 14 e 15 de maio; Ourense, os días 2, 3 4 e 5 de xuño; Lugo, os días 9,10, 11 e 12 de xuño.

4.3. Horarios: das 16 ás 21 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Descrición dos hábitats da Rede Natura.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

As instancias, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, presentaranse no rexistro da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: iniciación e formación á infraestructura xeográfica na xestión forestal sustentable.

1. Obxectivos.

Presentarlles ós participantes os Sistemas de Decisión Forestal (SDF) baseados en sistemas integrais de infraestructura xeográfica, tales como sistemas de información xeográfica, bases de datos xeográficas, servidores web de mapas, etc., básicos na xestión forestal sustentable.

2. Destinatarios.

Técnicos do ámbito da xestión forestal da Consellería de Medio Ambiente, así como persoal ó servicio da Administración pública con funcións en materia de sustentabilidade forestal, topografía e delineación.

3. Criterios de selección.

A selección daralle prioridade ó persoal con responsabilidade na promoción e posta en marcha deste tipo de sistemas de decisión forestal, que sexan técnicos do ámbito da xestión forestal sustentable, así como persoal con funcións en materia de soporte técnico, sexa topográfico, informático ou xeográfico, agás aqueles que asistiran ó curso celebrado no ano 2002.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 28, 29 e 30 de abril.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas (os dous primeiros días) e das 10 ás 14 horas (o último día).

4.4. Prazas: 50.

5. Contido.

Presentación deste tipo de sistemas no ámbito forestal, xustificando a súa necesidade e vantaxes. Estructuración dun sistema dirixido á xestión forestal sustentable en Galicia. Aproximación ó concepto de Sistemas de Decisión Forestal (SDF). Sistemas de captura. GPS, fotografías aéreas, imaxes satélites (Teledetección), protocolos de procesamento e verificación dos datos. Breve repaso a estándares existentes. Bases de datos espaciais. Sistemas de explotación; os SIX e os servidores web de mapas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: divulgación da lexislación sobre protección animal en Galicia.

1. Obxectivos.

Dar a coñece-los contidos teóricos e as implicacións prácticas da lexislación sobre a protección animal en Galicia.

2. Destinatarios.

Axentes forestais de ambiente que non fixeran o curso na edición anterior.

3. Criterios de selección.

A selección establecerase nos correspondentes servicios provinciais de Espacios Naturais e Biodiversidade, por esta orde:

3.1. Axentes que traballen nos centros de recuperación de fauna silvestre.

3.2. Axentes cun posto de traballo que teña estreita relación co contido do curso:

3.2.1. Existencia de núcleos zoolóxicos con animais salvaxes en catividade no seu ámbito territorial laboral.

3.2.2. Existencia de establecementos de animais domésticos de compañía no seu ámbito territorial laboral.

3.3. Ámbito xeográfico do posto de traballo, de tal xeito que os axentes seleccionados representen as diferentes zonas da xeografía da provincia.

3.4. Antigüidade do posto de traballo.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 28 e 29 de abril.

4.3. Horarios: das 10.30 ás 13.30 horas e das 16 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 40.

5. Contido.

Implicacións da lexislación sobre protección animal en Galicia. Liñas de actuación neste ámbito na Comunidade Autónoma galega, así como noutras comunidades. O papel dos axentes de ambiente como divulgadores da lexislación sobre protección animal no medio rural.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, a contar a partir do día seguinte da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente.

As instancias, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, presentaranse no rexistro da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a atención ó cidadán en espacios protexidos (4 edicións).

1. Obxectivos.

Coñece-los métodos e medios para atende-lo cidadán en espacios protexidos.

2. Destinatarios.

Técnicos que realicen o seu traballo en parques naturais, axentes forestais destinados en parques naturais e resto de persoal do parque natural.

3. Criterios de selección.

A selección establecerase segundo a orde establecida no punto anterior, ata completa-la cota de asistentes.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: Ourense, os días 1 e 2 de abril; Xurés (Lobios), os días 3 e 4 de abril; Fragas do Eume, os días 7 e 8 de abril; Santiago de Compostela, os días 9 e 10 de abril.

4.3. Horarios: das 9 ás 14 horas e das 16 ás 19 horas (os días 1, 3, 7 e 9 de abril). Das 9 ás 13 horas (os días 2, 4, 8 e 10 de abril).

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Métodos e medios para dar a coñece-los valores dos parques. Métodos de colaboración entre os xestores e a poboación do parque.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, a contar a partir do día seguinte da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente.

As instancias, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, presentaranse no rexistro da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: divulgación da lexislación cinexética en Galicia.

1. Obxectivos.

Dar a coñece-los contidos teóricos e as implicacións prácticas da lexislación cinexética en Galicia.

2. Destinatarios.

Axentes forestais de medio ambiente.

3. Criterios de selección.

A selección establecerase nos correspondentes servicios provinciais de Caza e Pesca Fluvial, por esta orde:

3.1. Axentes territoriais.

3.2. Axentes zonais:

3.3. Resto da gardería.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 26 e 27 de maio.

4.3. Horarios: das 10.30 ás 13.30 horas e das 16 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 40.

5. Contido.

Implicacións da lexislación cinexética en Galicia. Liñas de actuación neste ámbito na Comunidade Autónoma galega, así como noutras comunidades autónomas. O papel dos axentes de ambiente como divulgadores da lexislación cinexética.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, a contar a partir do día seguinte da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente.

As instancias, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, presentaranse no rexistro da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: atención urxente para persoal de enfermería e auxiliares de clínica (2 edicións).

1. Obxectivos.

Actualizar coñecementos no campo das urxencias que se producen no ámbito xeriátrico. Reciclaxe teórico-práctica de coñecementos en materia de urxencias médicas. Capacita-lo maior número de profesionais para unha actuación inmediata e correcta en situacións de emerxencia vital. Perfeccionamento na aplicación de técnicas de reanimación cardio-pulmonar. Alcanzar un óptimo nivel para unha adecuada valoración da gravidade das urxencias. Establecer e conformar protocolos e esquemas de actuación común en situacións de emerxencia xeriátrica. Organizar esta actuación en función dos distintos niveis de gravidade da urxencia e dos profesionais que participen nesta. Rebaixa-los índices de morbi-mortalidade xeriátrica en centros xerontolóxicos.

2. Destinatarios.

Persoal de enfermería e auxiliares de clínica das residencias dependentes da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

3. Criterios de selección.

Persoal de enfermería e auxiliares de enfermería: por antigüidade, e, de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Pontevedra (Residencia da Terceira Idade Campolongo): do 5 ó 9 de maio; Lugo (Residencia As Gándaras): do 19 ó 23 de maio.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

O proceso de envellecemento como factor intrínseco na patoloxía urxente xeriátrica. Incidencia, epidemioloxía e morbi-mortalidade das emerxencias xeriátricas. A institución xerontolóxica: caracterís

ticas diferenciais. O papel do persoal na primeira asistencia de urxencia. Urxencias: dixestivas, cirúrxicas, endocrinolóxicas, nefrolóxicas, urolóxicas, traumatolóxicas, neurolóxicas, otorrinolaringolóxicas, de aparello respiratorio, etc. Patoloxía infecciosa.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 12 de abril.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: prevención de lesións das costas: mobilización e traslados de enfermos (4 edicións).

1. Obxectivos.

Coñece-la biomecánica articular do ser humano. Adestrar recursos para a mobilización de persoas con mobilidade reducida respectando a súa autonomía, favorecendo a recuperación funcional e incrementando a súa calidade de vida e previndo accidentes das costas por posturas incorrectas. Adquirir coñecementos de prevención.

2. Destinatarios.

ATS/DUE, fisioterapeutas, auxiliares de clínica, e coidadores de centros residenciais de maiores da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

3. Criterios de selección.

Persoal de atención directa: por antigüidade e de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Ourense (Residencia da Terceira Idade Os Milagres): do 19 ó 23 de maio; Lugo (Residencia da Terceira Idade As Gándaras): do 26 ó 30 de maio; Oleiros (Residencia Asistida da Terceira Idade): do 13 ó 17 de outubro; Vigo (Residencia da Terceira Idade do Meixoeiro): do 20 ó 24 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

O transporte manual de cargas: sobreesforzos, posturas. Os factores sociais: incumprimento de normas preventivas. Traslado: factores que inflúen na mobilidade. Consecuencias da inmobilidade. Áreas de presión. Valoración dos pacientes de risco. Úlceras de cúbito, etiopatoxenia e factores de risco. Prevención dos problemas relacionados coa inmobilidade. Posicións nos pacientes encamados e cambios de postura. Traslados de pacientes: mecánica corporal. Regras xerais. Cintos de traslado. Procedementos de traslado segundo tipoloxía de pacientes. Circuítos de traslado. Evacuacións de pacientes segundo a súa tipoloxía: válido e non válido.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 12 de abril para os cursos de maio e o 6 de setembro para os de outubro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: coida-lo coidador: técnicas para o tratamento do estrés nos coidadores (2 edicións).

1. Obxectivos.

Análise da comunicación humana e da relación interpersoal desde diferentes paradigmas. Técnicas de afrontamento do estrés. Análise sistemática de conflictos de grupo.

2. Destinatarios.

Auxiliares de enfermería, ATS/DUE e coidadores de residencias e centros dependentes da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e, de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro. Absteranse de solicita-lo curso os seleccionados en edicións anteriores.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña (Residencia-Fogar da Terceira Idade Torrente Ballester): do 19 ó 23 de maio; Pontevedra (Residencia da Terceira Idade Campolongo): do 26 ó 30 de maio.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

O manexo do paciente cunha deterioración importante e progresiva: cómo mante-la ilusión. Aprender a vivir coa morte e coas perdas repetidas. As relacións cos familiares. As dificultades do traballo en grupo e a relación cos compañeiros. Traballar na marxinalidade: a vivencia do illamento.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 12 de abril.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: protocolización e rexistros de coidados en centros xerontolóxicos (4 edicións).

1. Obxectivos.

Promove-la mellora da calidade da atención especializada de coidados xerontolóxicos e a optimización dos recursos humanos e técnicos favorecendo a toma de decisións, definindo os obxectivos asistenciais e mellorando os sistemas de avaliación e rexistro. Adestrar na elaboración de protocolos (procedementos) xerontolóxicos para a atención profesional ó cliente perceptor de coidados.

2. Destinatarios.

Persoal de atención directa en centros xerontolóxicos da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

3. Criterios de selección.

Persoal de atención directa en centros xerontolóxicos: por antigüidade e, de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Ourense (Residencia da Terceira Idade Os Milagres): do 15 ó 19 de setembro; Oleiros (Residencia Asistida): do 22 ó 26 de setembro; Lugo (Residencia da Terceira Idade As Gándaras): do 29 de setembro ó 3 de outubro; Vigo (Residencia Asistida da Terceira Idade): do 6 ó 10 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

Definición de modelos de atención e coidados xerontolóxicos. Necesidade de procedementos de coidados. Definición e organización de protocolos. Casos prácticos. Vantaxes e inconvenientes da protocolización de coidados. Fases da elaboración de procesos de coidados. Puntos básicos en protocolos de coidados e dun protocolo de xestión de casos. Análise das necesidades de procedementos no contorno profesional e xerontolóxico. Niveis en elaboración de protocolos. Atención básica e especializada.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o día 31 de xullo.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: conxunto mínimo de datos para traballadores sociais.

1. Obxectivos.

Capacita-los profesionais para o coidado dos usuarios de centros xerontolóxicos. Capacitación dos profesionais para utiliza-lo instrumento de valoración CMBD-Social. Dar a coñecer entre os profesionais as distintas utilidades dos sistemas de información.

2. Destinatarios.

Traballadores/as sociais pertencentes á área asistencial de centros residenciais para persoas maiores dependentes da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

3. Criterios de selección.

Persoal de atención directa: por antigüidade e, de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios desta escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 19 ó 23 de maio.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

O sistema de información. O conxunto mínimo básico de datos (versión 2.0). Utilidades do sistema de información CMBD-Social. Caso práctico xeral.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o día 12 de abril.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: intervención práctica coas persoas con discapacidade (2 edicións).

1. Obxectivos.

Capacita-los profesionais dos centros para realizar plans de coidados individualizados ás persoas con discapacidade. Motiva-los profesionais dos centros para mellora-los coñecementos sobre a implementación dos plans de coidados individualizados.

2. Destinatarios.

Educadores/as, ETAR, coidadores/as de residencias e auxiliares coidadores/as de centros dependentes da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

3. Criterios de selección.

Persoal de atención directa: por antigüidade e, de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña (Santiago Apostol): do 6 ó 10 de outubro; Sarria (CAMP): do 13 ó 17 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

Mobilización de persoas con discapacidade física/psíquica. Habilidades de prevención de lesións na manipulación de persoas con discapacidade. Habilidades na implantación de conductas (AVD). Habilidades na modificación de conductas. Primeiros auxilios. Técnicas de animación sociocultural.

Hábitos hixiénicos/prevención de contaxios. Nutrición e hábitos alimenticios. Lexislación: responsabilidade civil/penal da Administración e do coidador de persoas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o día 6 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a hostalería nos centros residenciais: organización do comedor e trato co usuario (4 edicións).

1. Obxectivos.

Perfecciona-las técnicas profesionais no comedor: repaso do material, montaxe e servicio, atención ó cliente.

2. Destinatarios.

Gobernantes/as, subgobernantes/as e camareiros/as-limpadores/as dos centros residenciais dependentes da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade, e, de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña (Residencia Torrente Ballester): do 26 ó 30 de maio; Ferrol (Residencia): do 19 ó 23 de maio; Vigo (Residencia Asistida da Terceira Idade): do 22 ó 26 de setembro Ourense (Residencia da Terceira Idade Os Milagres): do 29 de setembro ó 3 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

Nutrición e manipulación de alimentos. O oficio do hostaleiro. O trato co usuario-cliente.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 12

de abril para os cursos de maio e o 5 de setembro para os de outubro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: coidados de enfermería nas persoas maiores en situación terminal: a relación de axuda (2 edicións).

1. Obxectivos.

Capacita-los profesionais dos centros para realizar plans de coidados individualizados ás persoas maiores dependentes en situación terminal. Motiva-los profesionais dos centros para mellora-los seus coñecementos sobre a implementación de plans de coidados individualizados. Axuda-los profesionais dos centros a integra-la relación de axuda na súa actividade asistencial.

2. Destinatarios.

ATS/DUE, coidadores a auxiliares de enfermería de residencias e centros dependentes da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

3. Criterios de selección.

Persoal de atención directa: por antigüidade e, de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Vigo (Residencia Asistida da Terceira Idade): do 13 ó 17 de outubro; Oleiros (Residencia Asistida da Terceira Idade): do 6 ó 10 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 30 por edición.

5. Contido.

A planificación dos coidados: bases teóricas; a súa implementación práctica. A relación de axuda: concepto e práctica.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 5 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse

á Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: axentes canceríxenos, mutaxénicos e tóxicos para a reproducción no mundo laboral.

1. Obxectivos.

Presenta-los actuais conceptos científicos e legais europeos na materia.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B, C, D e persoal laboral dos grupos I, II, III e IV da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Preferentemente persoal que no desempeño do seu posto de traballo realice funcións relacionadas cos obxectivos do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: Santiago de Compostela, os días 12, 13, 14 e 15 de maio.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Aspectos previos no ámbito laboral. Aspectos canceríxenos: concepto. Criterios de clasificación. Marco legal europeo. Aspectos canceríxenos na normativa española. Aspectos mutaxénicos. Situación actual. Perspectivas. Aspectos tóxicos para a reproducción. Situación actual. Perspectivas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Seguridade e Saúde Laboral), edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta, 15771 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: avaliación de contaminantes biolóxicos.

1. Obxectivos.

Coñece-la normativa sobre contaminantes biolóxicos. Práctica de valoración destes contaminantes nos lugares de traballo e medio ambiente.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B, C, D e persoal laboral dos grupos I, II, III e IV da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Preferentemente persoal que no desempeño do seu posto de traballo realice funcións relacionadas cos obxectivos do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: Santiago de Compostela, os días 2, 3, 4 e 7 de abril.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Os contaminantes biolóxicos. Concepto e clasificación. Actividades laborais que poden presentar riscos biolóxicos. Análise dos axentes biolóxicos. Criterios de valoración.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Seguridade e Saúde Laboral), edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta, 15771 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: formación en materia de expedientes de regulación de emprego.

1.Obxectivos.

Forma-lo persoal adscrito ós órganos con competencia de actuación en materia de expedientes de regulación de emprego.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B, C, D e persoal laboral dos grupos I, II, III e IV da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Preferentemente persoal adscrito ós departamentos con competencia de actuación en materia de expedientes de regulación de emprego.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 16 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 5, 6, 7 e 8 de maio.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. Real decreto 43/1996, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento dos procedementos de regulación de emprego e de actuación administrativa en materia de traslados colectivos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Seguridade e Saúde Laboral), edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta, 15771 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: formación sobre procedementos de infraccións e sancións na orde social.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal adscrito ós órganos con competencia de actuación en materia de expedientes de infraccións e sancións na orde social.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B, C, D e persoal laboral dos grupos I, II, III e IV da Xunta de Galicia

3. Criterios de selección.

Preferentemente persoal adscrito ós departamentos con competencia de actuación en materia de expedientes de infraccións e sancións na orde social.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 16 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 26, 27, 28 e 29 de maio.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. Real decreto 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social. Real decreto 928/1998, do 14 de maio, polo que se aproba o regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sanción por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Seguridade e Saúde Laboral), edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta, 15771 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: tramitación administrativa co exterior.

1. Obxectivos.

Consegui-la formación necesaria do persoal que realice tarefas relacionadas coa tramitación administrativa co exterior.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os solicitantes que realicen nos seus postos de traballo tarefas relacionadas co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración : 21 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 22, 23, 24, 25, 29 e 30 de setembro.

4.3. Horarios: das 16:30 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Regulación normativa. Tipos de procedementos administrativos. Trámites administrativos que hai que realizar.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Consellería de Emigración e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a emigración de retorno a Galicia.

1. Obxectivos.

Consegui-la formación necesaria do persoal que realice tarefas relacionadas coa emigración de retorno e a inmigración en Galicia.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os solicitantes que realicen nos seus postos de traballo tarefas relacionadas co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración : 24 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 6, 7, 8, 9, 13, 14 e 15 de outubro.

4.3. Horarios: das 16:30 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Dereitos e liberdades dos estranxeiros, reagrupación familiar. Réxime xurídico das situacións dos estranxeiros: a entrada e saída do territorio español, situacións dos estranxeiros, o permiso de traballo, os réximes especiais. Visados e exencións. Acordos de Schengen. Infraccións e réxime sancionador. Dereito comparado.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Consellería de Emigración e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: xeral de contratación administrativa.

1. Obxectivos.

Profundar nos coñecementos xerais na materia e capacita-los participantes no manexo do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións pública.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario dos grupos C e D ou laborais asimilados ó servicio da institución do Valedor do Pobo, Consello de Contas, Consello Consultivo de Galicia e Consello da Cultura Galega.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades directamente relacionadas co contido do curso, respectando en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución da EGAP do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 6, 7, 8, 9, 13, 14 e 15 de outubro.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Principios xerais. Actuacións previas. O contrato de obras. O contrato de xestión de servicios públicos. Outros tipos de contratos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á institución do Valedor do Pobo (rúa do Hórreo, 65, 15702 Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro, así como nos do Consello de Contas, Consello Consultivo de Galicia e Consello da Cultura Galega, ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: sistema operativo e folla de cálculo.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos sobre o sistema operativo e o manexo da folla de cálculo.

2. Destinatarios.

Persoal ó servicio da institución do Valedor do Pobo, Consello de Contas, Consello Consultivo de Galicia e Consello da Cultura Galega.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades directamente relacionadas co contido do curso, respectando en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución da EGAP do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración:20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 1, 2, 3, 4, 8, 9 e 10 de setembro.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Coñecementos básicos. Sistema operativo. Introducción e modificación de valores. Utilización e deseño de fórmulas. Funcións. Gráficos. Xestión de datos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á institución do Valedor do Pobo (rúa do Hórreo, 65, 15702 Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro, así como nos do Consello de Contas, Consello Consultivo de Galicia e Consello da Cultura Galega, ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: xestor de bases de datos relacionais.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos introductorios no manexo do xestor de bases de datos relacionais.

2. Destinatarios.

Persoal ó servicio da institución do Valedor do Pobo, Consello de Contas, Consello Consultivo de Galicia e Consello da Cultura Galega.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades directamente relacionadas co contido do curso, respectando en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución da EGAP do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 27 de novembro; 1, 2, 3, 4, 9, 10 e 11 de decembro.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Conceptos básicos. Xestión de táboas. Consultas. Formularios. Informes.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á institución do Valedor do Pobo (rúa do Hórreo, 65, 15702 Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro, así como nos do Consello de Contas, Consello Consultivo de Galicia e Consello da Cultura Galega, ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA