Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.440

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de febreiro de 2003 pola que se nomean funcionarias en prácticas as aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 12 de decembro de 2001 para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de esta-

tísticos.

Cumpridos os trámites previstos na base VI do proceso selectivo convocado pola Orde do 12 de decembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 245, do 20 de decembro), para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de estatísticos, procede realiza-lo nomeamento das aspirantes que superaron a fase de oposición e presentaron en prazo a documentación correspondente, como funcionarias en prácticas.

Por iso, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarias en prácticas do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de estatísticos, as seguintes aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo:

DNIPrimeiro

apelido

Segundo

apelido

NomePuntuación

32667226-GCalvoOcampoMaría Esther70,50

78798805-TRomeroMartínezMaría Pilar69,33

O nomeamento das interesadas como funcionarias en prácticas terá efectos da data de inicio do curso selectivo que se establece no punto terceiro desta orde, de conformidade co disposto na base VI.4 da orde de convocatoria.

Segundo.-O curso selectivo desenvolverase segundo o establecido na base III da orde de convocatoria.

Terceiro.-Convócanse as aspirantes relacionadas no punto primeiro desta orde ó acto de inicio do curso selectivo que terá lugar ás 11 horas do día 7 de marzo de 2003, na sala de xuntas do Instituto Galego de Estatística, sito no complexo administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública