Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.440

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de febreiro de 2003 pola que se nomean funcionarios en prácticas os aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 12 de decembro de 2001 para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos.

Cumpridos os trámites previstos na base VI do proceso selectivo convocado pola Orde do 12 de decembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 245, do 20 de decembro), para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos, procede realiza-lo nomeamento dos aspirantes que superaron a fase de oposición e presentaron en prazo a documentación correspondente, como funcionarios en prácticas.

Por iso, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de estatísticos, os seguintes aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo:

DNIPrimeiro

apelido

Segundo

apelido

NomePuntuación

32673611-HVillarChedaMª Estefanía71,750

33294822-EDíazDoutónRosa María68,325

33296796-HSilveiraCalviñoSolmary64,805

76823077-HJácomeRodríguezRaúl50,320

O nomeamento dos interesados como funcionarios en prácticas terá efectos da data de inicio do curso selectivo que se establece no punto terceiro desta orde, de conformidade co disposto na base VI.4.

Segundo.-O curso selectivo desenvolverase segundo o establecido na base III da orde de convocatoria.

Terceiro.-Convócanse os aspirantes relacionados no punto primeiro desta orde ó acto de inicio do curso selectivo que terá lugar ás 11 horas do día 7 de marzo de 2003, na sala de xuntas do Instituto Galego de Estatística, sito no complexo administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública